Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 16 de enero de 2016

A Deputación potencia os viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín



Presidenta da Deputación anunciou hoxe a posta en marcha dunha campaña de información sobre as dispoñibilidades dos dous viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín.
Carmela Silva fixo estas declaracións, en rolda de prensa, antes da comisión de selección dos proxectos de ambos viveiros recordando que a intención da Deputación é que ambos centros acaden o cheo absoluto “usando as pemes e os autónomos a totalidade dos espazos dispoñibles”.
En concreto, o viveiro de Barro-Meis recibiu unha solicitude para ocupar unha das naves con oficina por parte da empresa “Eurotec Inspección S.L.”.
O viveiro de empresas de Barro-Meis oferta 16 naves, cunha superficie variable entre os 54 e os 110 metros cadrados; 24 oficinas cunha superficie entre os 18 e os 25 metros cadrados; e tres espazos coworking de 37 metros cadrados cunha capacidade para 12 postos.
No que respecta ao viveiro de Lalín aprobáronse as tres peticións recibidas de oficinas para as empresas “Kuzunguka APP Developers”, “Stoutic Computing Technologies S.L.” e “Inés Ferreiroa Louzao”.
Neste viveiro de empresas de Lalín ofértanse tres naves cunha superficie de entre 141 e 142 metros cadrados; cinco oficinas cunha superficie entre 16 e 18 metros cadrados; e un espazo de coworking de 92,10 metros cadrados para 16 postos

http://www.vigoalminuto.com/2016/01/14/a-deputacion-potencia-os-viveiros-de-empresas-de-barro-meis-e-lalin/

No hay comentarios:

Publicar un comentario