Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 28 de enero de 2016

INCLUIDO IES DE BARRO. UN TOTAL DE 174 CENTROS PÚBLICOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DESENVOLVERÁN ESTE CURSO A INICIATIVA DE CONTRATOS-PROGRAMA IMPULSADA POLA CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN








Os centros participantes na provincia son os seguintes:

NOME CENTRO
1
2a
2b
2c
3
4
5
6
 
IES de Barro

X










§         O número de centros participantes increméntase nun 12%

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva dos contratos-programa para o curso 2015/2016, unha vez os centros analizaron nos primeiros meses de curso as necesidades do seu alumnado. Un total de 174 centros públicos da provincia de Pontevedra – 110 de primaria e 649 de secundaria beneficiaranse desta iniciativa - que ten como obxectivos promover a excelencia educativa e loitar contra o abandono escolar, un 12% máis ca no curso anterior.

Os contratos-programas procuran unha mellora da calidade do ensino para reducir a porcentaxe de alumnado con baixo rendemento. Para iso, cada centro de ensino analiza as súas eivas e fortalezas e propón á Administración educativa a sinatura dun documento , ‘o contrato-programa’, no que se propoñen actuacións para a mellora do alumnado. Deste xeito, a actuación funciona como un exercicio de autonomía dos centros, posibilitando que deseñen os seus propios plans de mellora en base ás súas necesidades particulares.

Polo tanto, a iniciativa permite visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento, tanto do centro como da Administración educativa, para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.
 

Liñas de actuación
A liña de actuación máis solicitada continúa a ser a número 1, para o reforzo, orientación e apoio do alumnado que presente dificultades de aprendizaxe, así como daquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural  (antigo programa PROA). Un total de 146 centros educativos desenvolverán esta primeira liña, para o que contarán cun total de 84 docentes de apoio contratados a maiores pola Consellería para tal fin.

A liña número 2, a referida á mellora das competencias clave, é a segunda en número de participantes. Así, a liña 2a, competencia matemática, será de desenvolvida por 59 centros; mentres que a 2b, competencia en comunicación lingüística, contará con 50 centros participantes; e a 2 c, deseñada para reforzar as competencias en ciencia e tecnoloxía, será desenvolvida por 21 centros.

No caso da terceira liña, que se centra na mellora da convivencia e incorpora este ano por primeira vez a promoción da igualdade, participarán nela un total de 43 centros; mentres que na cuarta, dirixida á prevención do abandono escolar temperán e do absentismo escolar, contará coa participación de 8 centros.

Nas liñas 5 e 6, dirixidas á mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia, e á mellora da calidade na xestión dos centros, participarán 28 e 11 centros educativos públicos, respectivamente.


Incremento de orzamento
No conxunto de Galicia serán 378 os centros que desenvolvan contratos-programas, do que se beneficiarán máis de 82.000 alumnos, 7 veces máis ca hai 5 cursos. Isto supón que 1 de cada 3 centros públicos está integrado neste iniciativa.

Cómpre salientar, ademais, que a Consellería reforzou este ano a partida orzamentaria destinada aos contratos-programa, que acadan os 3,1 millóns de euros, un 18% máis ca no curso anterior. Isto permite a contratación en toda a Comunidade Autónoma de 153 docentes externos de apoio adicionais – para o desenvolvemento da actuación 1, a coñecida como ‘PROA’-, un 61% máis que o ano pasado, dotando deste persoal a todos os centros que o solicitaron.

Docentes implicados e novidades da convocatoria
No referido ás novidades da convocatoria cómpre sinalar que, ademais da redefinición das liñas de actuación para adaptalas ás necesidades dos centros e froito da experiencia dos últimos anos; ampliouse a tipoloxía de centros destinatarios do programa. Así, neste curso fíxose posible a incorporación dos Colexios Rurais Agrupados (CRA), as Escolas de Educación Infantil (EEI), os Centros de Educación Especial (CEE), os Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) e os Centros públicos de educación e promoción de adultos; posibilitando que formen parte da iniciativa os alumnos de que neles estudan, especialmente os de FP Básica.

 Así mesmo, e como xa ocorría en cursos anteriores, puideron solicitar contratos-programa os Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP), os Centros de Educación Primaria (CEP), os Institutos de Educación Secundaria (IES) e os Centros Públicos Integrados (CPI).

No hay comentarios:

Publicar un comentario