Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 12 de enero de 2016

Infraestruturas licitará este martes as mellora do firme da PO-224, entre Pontevedra e Barro



O Diario Oficial de Galicia publicará este martes 12 a licitación das obras de mellora do firme da PO-224, entre Pontevedra e Barro, xunto á mellora que se vai a levar a cabo tamén na PO-550 e na PO-504 ao seu paso polos concellos de Cambados, Meaño e Sanxenxo. Estes traballos contarán cun orzamento de 500.000 euros.
Na PO-224, estrada que enlaza Ponte Bora e Xeve con San Antoniño (Barro), realizarase unha rehabilitación localizada do firme mediante fresado e reposición dos tramos deteriorados, coa reposición das marcas viais que resulten afectadas ao longo de case 11 quilómetros. Ademais, tamén se levará a cabo a execución de resaltos nas beiras da estrada sobre as que se actúe como medida adicional de seguridade unha vez que se trata dunha estrada estreita, sen beiravías e a media ladeira.
Na PO-550, que enlaza Cambados con Dena, Vilalonga e A Lanzada, efectuaranse  traballos de mellora do firme ao longo de 14,5 quilómetros, levándose a cabo unha rehabilitación localizada, mediante fresado e reposición dos tramos máis deteriorados.
Ademais, ao longo de 3 quilómetros executaranse fresados localizados con microaglomerado en toda a sección e repoñerase a sinalización horizontal, principalmente no fresado e reposición das zonas de pavimento deterioradas.
Finalmente, en relación á PO-504, melloraranse 4,5 quilómetros entre Sanxenxo e Vilalonga, levándose a cabo unha rehabilitación localizada do firme, mediante fresado e reposición dos tramos deteriorados. Posteriormente, estenderase un microaglomerado en toda a sección e reporase a sinalización horizontal.

http://pontevedraviva.com/xeral/25162/infraestructuras-licitara-mellora-firme-po-224-pontevedra-barro/

No hay comentarios:

Publicar un comentario