Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 27 de enero de 2016

MÁIS DE 3.700 PERSOAS PARTICIPARON NO 2015 NO PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL DA DEPUTACIÓN



A institución provincial está traballando na convocatoria deste ano, denominada Depotermal

Durante o ano 2015 participaron nos programas de termalismo social da Deputación de Pontevedra máis de 3.760 persoas. Os programas, dirixidos a persoas maiores de 50 anos, incluíron estancias de día e tamén con pernoctación en diversos establecementos termais da provincia.

Os programas de termalismo social da Deputación de Pontevedra teñen como obxecto fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, mediante unha proposta  que combina o lecer e a saúde.  Asemade,  actúan como dinamizadores da economía, ao impulsar o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

Durante o ano 2015, beneficiáronse dos diversos programas de termalismo da Deputación  máis de 3.760 persoas, que puideron acceder a estancias de día ou con pernocta en balnearios, talasos e spas. Os usuarios e usuarias, maiores de 50 anos, procedían de  38 concellos da provincia e respondían a diversos perfís sociais.

De cara a convocatoria do ano 2016, a Deputación está traballando nun novo programa denominado “Depotermal”, cuxa primeira edición pretende incidir no seus sociais e contar coa participación activa dos diferentes concellos da provincia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario