Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 20 de enero de 2016

Medio Ambiente licita por máis de 350.000 euros o contrato para a limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais de ríos nas catro provincias


  • Os traballos comprenderán a roza selectiva da vexetación herbácea existente nos sendeiros e na eliminación de especies exóticas invasoras
  • En total actuarase 431 km de sendas e ribeiras das catro provincias galegas, sendo a da Coruña, con 123 km, a que se sitúa á cabeza
  • Priorizáronse os tramos que se atopan en Rede Natura e aquelas zonas que teñen un alto valor natural

A Xunta de Galicia licita hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o contrato de limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais seleccionados nas catro provincias galegas, por un importe de 368.977 euros, e que está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020. (http://bit.ly/1Stl12N)
En total actuaranse en tramos e zonas que suman case 450 quilómetros (431,31), repartidos entre as catro provincias galegas, sendo a de Coruña (con 123,16 km) á que se sitúa á cabeza, seguida pola de de Lugo con 114,2 km, en terceiro lugar está a provincia de Pontevedra con 113,75 km e a de Ourense que suma 80,2 km. Así, priorizáronse os tramos que se atopan en Rede Natura e aquelas zonas que teñen un alto valor natural.
Os traballos que comprende este contrato son a roza selectiva da vexetación herbácea existente nos sendeiros de ambas marxes do río e nos principais postos de pesca en diversos tramos. Tamén se procederá á eliminación das especies vexetais exóticas invasoras presentes nos ámbitos de traballo; así como á retirada dos restos vexetais, traballos de limpeza (retirada de residuos asimilables aos sólidos urbanos) e traballos de poda sobre remas enfermas, torcidas e rotas que poidan entorpecer ou dificultar o paso a pescadores, corte de árbores caídas nas sendas.
As entidades interesadas en presentar as súas ofertas a este contrato público dispoñen ata o vindeiro 22 de febreiro.
Na seguinte táboa pode consultarse os coutos ou tramos nos que se actuarán, así como os límites:


Provincia de Pontevedra
Couto/Tramo
Límite superior
Límite inferior
Km
LSM TaboadaDesembocadura do Río de Mera ou de Oisa (Silleda e Vila de Cruces; x=564.297, y=4.730.447)Presa de Saídres (Silleda e Vila de Cruces; x=562.900, y=4.733.036)
4,1
LSM Carboeiro30 m augas abaixo da restitución de agua da minicentral de Saídres (Silleda e Vila de Cruces; x=562.545, y=4.734.142)Desembocadura do Río de Orza (Silleda e Vila de Cruces; x=560.670, y=4.734.698)
4,1
“DEZA”
Presa de García, (Silleda e Vila de Cruces; x=554.509, y=4.735.920) no río Deza.450 m augas abaixo da desembocadura do Deza (Boqueixón e Silleda; x=553.061, y=4.736.717) no río Ulla
2,3
LSM UllaViaduto da autoestrada AP-53 (A Estrada e Vedra; x=548.502, y=4.734.018)Desembocadura do Regato de Marque (A Estrada e Vedra; x=546.322, y=4.732.762)
3,1
“XIMONDE”
200 m augas abaixo da Presa de Ximonde (A Estrada e Vedra; x=543.729, y=4.732.657)Canal de Covelas (A Estrada e Vedra; x=543.069, y=4.732.661)
0,7
“SANTELES”
100 m augas abaixo do couto de Ximonde (A Estrada e Vedra; x=542.998, y=4.732.741)Presa do muíño de Arnelas (A Estrada e Vedra; x=541.548, y=4.733.849)
1,88
“COUSO”
Presa de Couso (A Estrada e Teo; x=536.455, y=4.732.773)100 m augas abaixo da Pedra de Fernández (A Estrada e Teo; x=535.660, y=4.732.703)
0,87
“SINDE”
Presa de Sinde (A Estrada e Padrón; x=533.755, y=4.732.302)Desembocadura do Rego do Fontao (A Estrada e Padrón; x=533.210, y=4.732.467)
0,6
“FORCAREI”
Ponte Loureiro ou Ponte do Crego, na estrada entre Loureiro e Quintelas (Forcarei; x=554.852, y=4.716.465)
Ponte Pego (Cerdedo; x=552.344, y=4.710.640)
9,4
“CERDEDO”
Muíño de Penedo (Cerdedo; x=549.951, y=4.709.815) no río Lérez e Pasos de Arén (Cerdedo; x=551.369, y=4.709.576) no río Castro.Desembocadura do Río Quireza (Cerdedo; x=545.963, y=4.709.215)
7,5
“MONTEPORREIRO”
Presa da Celulosa (Pontevedra; x=533.960, y=4.699.582)
Embarcadoiro (Pontevedra; x=530.983, y=4.699.758)
3,4
“SEIXO”
A Ponte de Neibó (Marín; x=524.871, y=4.688.580) no río Loira, Carballeira de Rei, no paso situado 200 m augas abaixo da ponte da estrada entre Miñán e Allariz (Marín; x=523.684, y=4.687.752) no río Miñán ou Maceira e a Ponte da estrada PO-313 (Marín; x=525.098, y=4.689.577)Ponte da praia de Loira (Marín; x=521.419, y=4.690.639)
8,2
Sendas e marxes Lagoa CastiñeirasRegato da Lagoa e principais sendas no recinto da Area Recreativa.
3,0
“GONDOMAR”
Fervenza da Torre de Chaín (Gondomar; x=521.445, y=4.661.724)A Ponte da Xunqueira (Gondomar e Nigrán; x=516.578, y=4.662.426)
6,9
“PORRIÑO-MOS”
Ponte Novelda, na estrada que vai da N-550 cara a Espaín (Mos; x=532.707, y=4.672.534) no río Louro e a Ponte do Matadoiro, na estrada que vai da N-120 cara a Piñeiro (Mos; x=530.416, y=4.669.478) no río Perral.A Ponte de Valo, na estrada PO-331 (O Porriño; x=531.029, y=4.667.877)
8,3
“LOUGARES”
Ponte da estrada entre Lourido e Redondo (Covelo; x=550.903, y=4.679.219) no río Tea e Ponte Caxil, na estrada entre A Carballeira e Alén (Covelo e Mondariz; x=549.137, y=4.680.078) no río AlénPasos de Tatín, en Outerelo (Mondariz; x=547.381, y=4.676.808)
10,9
“MONDARIZ”
Lugar de Foxaco ou desembocadura do Río Pequeno (Mondariz; x=546.375, y=4.676.885)Final do paseo de Mondariz-Balneario (x=542.429, y=4.675.125)
5,3
“PONTEAREAS”
Muíño das Pías, aproximadamente 1 km augas arriba da ponte da estrada PO-253 (Ponteareas; x=540.825, y=4.674.976)A Ponte Romana de Ponteareas (Ponteareas; x=540.382, y=4.669.537)
6,9
“FILLABOA”
Desembocadura do Uma (Ponteareas; x=540.145, y=4.667.149)Presa entre os lugares de Rañe e Monte de Abaixo (Salvaterra de Miño; x=540.798, y=4.664.804)
3,3
“UMA”
Ponte Alta (Salvaterra de Miño; x=543.916, y=4.667.790)Presa da Manguiña, entre A Valboa e As Covas (Ponteareas; x=540.349, y=4.667.247)
5,7
“AS NEVES”A Ponte da Fenteira, na estrada entre A Fenteira e A Aldea (As Neves; x=552.018, y=4.664.947)Desembocadura no Miño (As Neves; x=549.740, y=4.658.910)
9,0
“TOUZOSAS”
Pontillón de Pedrás, aproximadamente 500 m augas arriba da ponte da estrada entre As Touzosas e Pintelos (A Cañiza; x=558.419, y=4.668.508)Presa da praia fluvial de Arbo (Arbo; x=558.234, y=4.663.344)
8,3

No hay comentarios:

Publicar un comentario