Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 27 de enero de 2016

O CENTRO DE TRANSFUSIÓN REFORZA O CHAMAMENTO A DOAR SANGUE, ESPECIALMENTE AOS GRUPOS CERO POSITIVO E A POSITIVO


  • Diariamente, os hospitais galegos precisan 500 doazóns para desenvolver axeitadamente o seu labor asistencial
  • As inclemencias meteorolóxicas, os accidentes por estrada e a incidencia de enfermidades da gripe inflúen na diminución das reservas de hemoderivados
O Centro de Transfusión de Galicia (CTG), recentemente integrado na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, fai un chamamento á doazón dos cidadáns e, moi especialmente, aos grupos sanguíneos Cero Positivo e A Positivo. As reservas destes dous grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio do CTG.

Neste comenzo de ano, despois das festas de Nadal, resulta preciso incrementar o volume de doazóns, xa que, aínda que as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos, sitúanse en 500 doazóns diarias, esta cifra soe aumentar, debido ao incremento das urxencias derivadas dos accidentes por estrada.

Dificultades engadidas
Os meses de inverno presentan dificultades engadidas para o desenvolvemento das campañas de doazón xa que, ademais das inclemencias meteorolóxicas propias da estación, o aumento de enfermidades do tipo da gripe, motivan unha diminución da presenza de doadores e doadoras nas unidades móbiles e nos puntos fixos de doazón.

Co obxectivo de aumentar o volume de doazóns, as unidades móbiles do CTG – Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, efectuarán os seguintes desprazamentos nas vindeiras xornadas:

DATA
CONCELLOS
Luns 25 de xaneiro
Miño, Bº Os Mallos (A Coruña), Vimianzo, Bertamiráns (Ames), Cádavo (Baleira), Castroverde, Maside, Porriño, Ponteareas, Ribadumia e Delegacións da Xunta de Galicia (Vigo)
Martes 26 de xaneiro
IES Fragas do Eume (Pontedeume), Praza de Armas (Ferrol), Carral, Curtis, Parque Empresarial Costa Vella e Edif. Xunta-San Lázaro (Santiago), Cospeito, Padrenda, Cortegada, Porriño, Silleda e Ponteareas
Mércores 27 de xaneiro
Ortigueira, Carrefour-Alfonso Molina e Bº Monte Alto (A Coruña), IES San Clemente (Santiago), O Pino, Sarria, Rúa do Paseo (Ourense), Pontecaldelas, Guláns e Xinxo (Ponteareas) e Alcampo Coia (Vigo)
Xoves 28 de xaneiro
GTMotive (Pontedeume), Zona A Gándara (Naríon), La Voz de Galicia (Arteixo), Ponteceso, Sigüeiro (Oroso), Calo (Teo), Praza Maior (Lugo), Allariz, A Estrada e Rúa Príncipe e Zona O Calvario (Vigo)

Lembrar que existe a posibilidade de doar sangue nos puntos fixos de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense)
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

Lembrar que para informarse sobre a doazón de sangue o CTG dispón dunha páxina web: ctg.sergas.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario