Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 22 de febrero de 2016

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA IMPULSA UN NOVO CONVENIO PARA A RECOLLIDA E TRATAMENTO DE VEHÍCULOS ABANDONADOS EN CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES




A institución provincial enviou xa ós concellos a documentación para beneficiarse desta actuación

O convenio será asinado nun acto conxunto no que participarán as alcaldesas e os alcaldes dos concellos con poboación inferior a 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra impulsa un novo convenio para a prestación dun servizo concertado de recollida de vehículos abandonados e o seu posterior tratamento nos concellos da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes. Co fin de informar ós concellos, a institución provincial enviou xa a documentación, na que se especifican as prescricións técnicas do servizo, para beneficiarse desta actuación. O convenio será asinado nun acto conxunto ó que se convocarán todas e todos as alcaldesas e alcaldes dos concellos con poboación inferior a 50.000 habitantes.

A recollida de vehículos abandonados e a súa posterior xestión é unha competencia propia dos concellos de acordo coa lexislación vixente. Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra ten entre os seus fins garantir a prestación integral e adecuada en todo o territorio da provincia dos servizos de competencia municipal, así como dar soporte ós concellos na tramitación de procedementos administrativos e na realización de actividades materiais e de xestión, asumíndoas cando aqueles se llas encomenden.

Por tal motivo, a institución provincial, consciente do incremento do número de vehículos abandonados, acordou impulsar un servizo concertado de recollida de vehículos en concellos de menos de 50.000 habitantes. A través do mesmo, e sen custe algún para o municipio, recóllense e transpórtanse vehículos abandonados nun prazo máximo de 5 días a contar desde o requerimento feito polo concello.

O novo convenio, que se asinará nun acto público no que participarán as alcaldesas e alcaldes dos concellos beneficiarios, terá unha duración de dous anos a partir da sinatura, prorrogable outros dous anos máis por mutuo acordo das partes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario