Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 22 de febrero de 2016

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SÚMASE Á VI MARCHA SOLIDARIA NOCTURA “PONTEVEDRADA 2016”




A institución provincial contribúe con esta iniciativa para impulsar a doazón de sangue, órganos e tecidos

A Deputación de Pontevedra manifestou o seu apoio á VI Marcha Solidaria Nocturna “Pontevedrada 2016”, organizada pola asociación sen ánimo de lucro ASAMPO coa finalidade de concienciar á poboación da necesidade e importancia que ten a doazón de sangue, órganos e tecidos.
A “Pontevedrada 2016” é unha marcha solidaria nocturna e ininterrompida a pe de 63 km polo Camiño Portugués desde a Praza da Ferrería de Pontevedra ata a Praza do Obradoiro de Santiago. Este ano, a marcha celebra a súa sexta edición e comezará ás 20:00 horas do vindeiro sábado 30 de abril.

No hay comentarios:

Publicar un comentario