Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 13 de febrero de 2016

A XUNTA TRABALLA PARA ARRANXAR O ANTES POSIBLE OS PROBLEMAS CAUSADOS NAS ESTRADAS AUTONÓMICAS POLO TEMPORAL DE CHUVIAS





§         Os técnicos do programa de Conservación Integral da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) mobilizáronse para garantir a circulación en condicións de seguridade nas estradas de titularidade autonómica
§         A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, inspeccionou algúns dos puntos afectados na provincia de Pontevedra

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, está a traballar co fin de arranxar, o antes posible, os problemas causados nas estradas autonómicas polas condicións meteorolóxicas e, en concreto, pola choiva e as fortes escorrentas, que afectaron de forma máis importante ao sur da provincia de Pontevedra.

En total, contabilizamos 26 puntos na rede autonómica con incidentes pola situación meteorolóxica.

Os técnicos pertencentes ao Programa de Conservación Integral que está desenvolver a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) mobilizáronse para garantir a circulación en condicións de seguridade nas estradas de titularidade autonómica. Concretamente, están atendendo as diferentes incidencias:

Na provincia de Pontevedra:

ü     PO-546, Pontevedra- Marín estivo cortada entre as 13:30 e as 15:30 no Pq 4 por fluxo de auga con arrastres na calzada.

ü     PO-233, Ponte Bora-Caballedo a circulación estivo restrinxida por auga de escorrenta procedente do monte entre os pq 8 e 10.

ü     PO-244, Pontecaldelas-Soutomaior un desprendemento de desmonte obrigou á circulación con precaución no pq 7,8.

ü     PO-235, Carballedo-Provincia de Ourense a auga obrigaba a circular con precaución entre os pq 16 e 20.

ü     PO-400, Salvaterra-Filgueira víase afectada, circulándose con restricións nos pq 23 e 26. Ademais, no pq 18,8 foi necesario cortar un carril por un deslizamento de noiro.

ü     PO-331, Porriño-Gondomar había incidencias nos pq 4,5 e 5,7 por deslizamentos de terras con auga.

ü     PO-342,  Virxe do Camiño-Cela é necesario circular con precaución polo desprendemento dun desmonte no pq 10,2.

Sen afectar ao tráfico, houbo outros incidentes na CG.41 (Corredor do Morrazo); PO-313 (Marín-Moaña); PO-354 (As Patas-Loureza); PO-408 (PO-403-Fornelos) e PO-344 (Forcadela–Couso) por pequenos desprendementos ou auga na calzada. Hoxe mesmo, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, inspeccionou algúns dos puntos afectados na provincia de Pontevedra e nos que xa se estaba traballando para resolver as incidencias.



Na provincia de Ourense era necesario circular con precaución polas estradas OU-113 e OU-301 debido a bolsas de auga encoradas na calzada.

Pola súa banda, na provincia da Coruña, destaca que na AC-250 entre Sigüeiro e o Aeroporto houbo que reparar unha focha na calzada, o que obrigou a ao curte dun carril. Agora a circulación está restituída con restricións.

As previsións meteorolóxicas prevén que as dificultades se manteñan, polo que é necesario facer un chamamento á precaución na circulación, e a axeitar a velocidade ás condicións meteorolóxicas en cada momento, especialmente na noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario