Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 23 de febrero de 2016

A XUNTA TRASLADA AOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA AS NOVIDADES DA LEI DO SOLO PARA ASESORALOS NA REDACCIÓN DE PLANS XERAIS





§         A secretaria xeral de Ordenación do Territorio participou nunha xornada para explicar as principais novidades do texto normativo aprobado o pasado 9 de febreiro, no que incorporaron un 75 % das achegas presentadas pola Fegamp
§         Estes encontros, dirixidos especialmente aos técnicos das administracións locais e deputacións, están pensadas para resolver dúbidas que axuden á xestión e tramitación dos plan xerais
§         Encarnación Rivas sinalou hoxe en Pontevedra que a redacción do regulamento de desenvolvemento da nova Lei do Solo -que combina planeamento, xestión e disciplina- está moi avanzado, polo que se aprobará inicialmente nas próximas semanas co fin de que este ano entre en vigor

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) organizan unhas xornadas informativas dirixidas principalmente a todos os concellos co motivo da próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo. O obxectivo é dar conta das principais novidades do texto normativo, responder ás posibles dúbidas que xurdan ao respecto e asesoralos para que avancen na redacción dos plans xerais.

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, participou esta mañá en Pontevedra nesta rolda de encontros, dirixidos principalmente a responsables de urbanismo da administración local, así como doutras entidades.

Encarnación Rivas fixo unha chamada especial á protección e a ordenación do territorio aos asistentes, tendo en conta que foi unha lei na que se contou coa participación de todas e da que se aceptaron un 80% das propostas presentadas. No encontro tamén se abordaron as diferenzas máis importantes entre a nova Lei do solo e a normativa anterior, e nas ferramentas que a nova normativa recolle para facer da tramitación dun plan xeral un camiño práctico, sinxelo e coa menor tramitación administrativa.

Tal e como suxeriron os concellos, a norma inclúe como requisito para a implantación dos plans de ordenación básicos a necesidade dun informe vinculante das entidades locais. De feito, a nova Lei do Solo incorporou a necesidade de que os concellos implicados na elaboración, ben do plan básico autonómico ou ben dos plans básicos municipais –que a Xunta elaborará para os municipios cunha poboación inferior a 5.000 habitantes que carezan de planeamento municipal- emitan un informe determinante no trámite de información pública dos plans.

Outro dos aspectos incorporados á nova Lei do Solo ten que ver coa ampliación das edificacións tradicionais (as de máis de 40 anos) existentes en núcleo rural ata nun 50%, aumentando así unha posibilidade restrinxida na LOUGA ao solo rústico. En concreto a lei permitirá a rehabilitación, reconstrución e por razóns xustificadas a ampliación ata o 50% sempre que non se desvirtúe a tipoloxía e se adapte á contorna preexistente e se destine a usos residenciais, terciarios, produtivos, actividades turísticas, artesanais, pequenos talleres e equipamentos.

A secretaria de Urbanismo destacou que a nova Lei do solo é a primeira da historia de Galicia co seu propio regulamento integral, xa que inclúe a xestión, planeamento e disciplina, o que facilitará o traballo de redacción dos técnicos. Explicou que se trata dun regulamento que está redactado por persoal técnico da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e que na actualidade está moi avanzado, polo que a previsión é aprobalo inicialmente nas próximas semanas co fin de que entre en vigor este mesmo ano.

O vindeiro mércores celebrarase último encontro en Ourense, ás 10,30 horas da mañá


No hay comentarios:

Publicar un comentario