FEIJÓO GARANTE O COMPROMISO DA XUNTA COA ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE REFLECTIDO NUN INCREMENTO DO ORZAMENTO PARA 2016 DUN 10%, “94 MILLÓNS DE EUROS DEDICADOS EXCLUSIVAMENTE Á DISCAPACIDADE" - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 22 de febrero de 2016

FEIJÓO GARANTE O COMPROMISO DA XUNTA COA ATENCIÓN Á DISCAPACIDADE REFLECTIDO NUN INCREMENTO DO ORZAMENTO PARA 2016 DUN 10%, “94 MILLÓNS DE EUROS DEDICADOS EXCLUSIVAMENTE Á DISCAPACIDADE"


Durante unha visita ao centro residencial da congregación das Escravas da Virxe Dolorosa, reivindica o labor das mulleres e homes que colaboran desde a sociedade civil na atención á discapacidade, e incide no apoio da Administración autonómica
§      Lembra a mellora nun 20% dos convenios coas federacións que integran Cermi
§      Destaca a aprobación da Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2016, unha folla de ruta que recolle máis de 400 actuacións en materia de accesibilidade, promoción da autonomía persoal, educación, formación, emprego, saúde e servizos sociais
§      Afirma que a Rede Galega de Atención Temperá reforzará o apoio precoz ás persoas con discapacidade

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, garantiu hoxe o compromiso da Xunta coa atención á discapacidade reflectido en novas liñas de actuación e nun incremento do orzamento para 2016 dun 10%. “Estamos a falar de 94 millóns de euros dedicados exclusivamente á discapacidade”, aseverou, logo de lembrar que, “comparado co orzamento de 2009, a partida crece un 45%, pasando de 65 millóns e euros en 2009 a case 95 millóns de euros hoxe; é dicir 30 millóns de euros máis”.

No tocante ás liñas de actuación, e durante unha visita ao centro residencial da congregación das Escravas da Virxe Dolorosa, en Crecente, Feijóo lembrou a mellora nun 20% dos convenios coas federacións que integran Cermi, e destacou ademais a aprobación da Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2016, unha folla de ruta que recolle máis de 400 actuacións en materia de accesibilidade, promoción da autonomía persoal, educación, formación, emprego, saúde e servizos sociais.

“Así mesmo, traballamos na creación de novos servizos de atención residencial e diúrna para os diferentes colectivos da discapacidade; estamos a implantar a Rede Galega de Atención Temperá, que reforzará o apoio precoz ás persoas con discapacidade; incrementamos as axudas para adquirir servizos que promovan unha maior autonomía persoal, e estamos a apostar, ademais, pola formación dos educadores e das persoas que traballan no centros ”, engadiu.

O presidente da Xunta reivindicou tamén o labor das mulleres e homes que colaboran desde a sociedade civil na atención á discapacidade, incidindo no apoio da Administración autonómica. Nesta liña, Feijóo referiuse ao traballo, esforzo e dedicación deste centro residencial, onde a Xunta está a financiar 60 prazas de discapacidade, que se suman ás 79 do centro que as Escravas da Virxe Dolorosa teñen en Mos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario