Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 29 de febrero de 2016

O PROGRAMA “DEPOTERMAL” DISPORÁ EN 2016 DE 4.436 PRAZAS PARA AS ESTADÍAS EN BALNEARIOS DA PROVINCIA



Por primeira vez resérvanse 434 prazas para persoas sen recursos económicos ou en risco de exclusión 

A Deputación de Pontevedra porá en marcha o programa “Depotermal”, que ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas entre as que se encontran aquelas necesitadas de respiro familiar e social, con estadías en balnearios  da provincia de Pontevedra.

Ao longo de 2016 disporán de 4.436 prazas e a gran novidade do novo modelo, que aposta por un compromiso social inequívoco, e que,  por  primeira vez, contarán cunha reserva de 434 prazas gratuítas adicadas ás persoas con escasos recursos económicos ou en risco de exclusión, que ate agora non podían acceder a este programas.

“Depotermal”  contará con dous programas distintos. O primeiro para estadías diúrnas nos balnearios con tratamentos de luns a venres e, o segundo, incluirá a pernoctación nos hoteis.  Os concellos que queiran participar neste programa deberán adherirse ao mesmo unha vez que salgan publicadas as súas bases no Boletín Oficial da Provincia.

A estadía diúrna conta con 1.248 prazas, das cales 248 son gratuítas,  e o resto contarán cunha subvención de 40 euros sobre o custe total. As prazas gratuítas serán repartidas entre os 62 concellos, tocando cada administración local a catro prazas.  Para o resto das prazas se estipula tamén unha puntuación para o acceso ao programa segundo as rendas económicas dos pensionistas ou persoas necesitadas do denominado “respiro social.

O segundo programa, no que os participantes, pasarán cinco días de estadía nos balnearios coas súas respectivas noites, tamén de luns a venres,  se ofertan un total de 3.186 prazas. Delas 186 serán gratuítas e se repartirán  entre os concellos da provincia en número de tres por cada un. Para poder optar a algunha das prazas reservadas para as persoas sen recursos, en calquera dos dous programas, os participantes deberán achegar un informe dos técnicos sociais de cada concello que acrediten a súa situación persoal que será remitido por estes servizos á propia Deputación.

As solicitudes para participar en calquera dos dous programas deberán presentarse unha vez que se publiquen as bases na Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) e no correspondente prazo sinalado nestas mesmas bases. A Deputación de Pontevedra comunicará oficialmente cando se van a poden facer as solicitudes

No hay comentarios:

Publicar un comentario