Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 23 de febrero de 2016

Terras de Curro, un feliz inquilino no veciño Meis



O conxunto de Barro disputa desde o seu nacemento sete anos atrás os seus encontros no campo de Zacande, polo que paga o correspondente alugueiro

Sete anos de traxectoria deportiva ten o Terras de Curro nas ligas da Asociación de Futbolistas Veteráns de Pontevedra. Un proxecto xurdido do Fátima de Vilagarcía do nutrido grupo de xogadores do concello de Barro que entón militaban no cadro arousán, decididos a emanciparse vendo que o de xogar unha agradable pachanga sabatina era cousa que reunía o interese de máis xente da súa parroquia de orixe. Xunto con outro grupo de futbolistas do veciño concello de Meis co que compartían vestiario no Fátima, e capitaneados por José Sanmartín, o Terras de Curro botaba a andar na campaña 2009/10.

O certo é que o conxunto que nos ocupa, hoxe na Terceira B das Ligas de Veteráns de Pontevedra, é tan de Barro coma de Meis. Do primeiro leva o nome da parroquia que o identifica, e no segundo recibe aos seus rivais. Concretamente, no campo de Zacande.

«Fumos xogar alí porque en Curro non tiñamos onde facelo, e Zacande nos quedaba preto», explicaba onte Casimiro Outón Fernández. Un dos cinco veciños de Meis que militan hoxe no Terras de Curro e actual delegado do mesmo. 

Polo uso das instalacións de Zacande o Terras de Curro págalle ao veciño Concello de Meis un aluguer anual. O ano pasado, duns 220 euros. Unha cantidade que, en todo caso, o equipo de Barro paga gustoso. «Estamos encantados. Sen plans de mudanza. Mentras nos deixen xogar, alí seguiremos», comenta Casimiro Outón, que como ao resto dos seus compañeiros di do alugueiro meisino que «nos parece xusto» ao saír a uns 15 euros o partido «que poñemos entre todos».

O grupo de amigos, como define o seu delegado o Terras de Curro, gozou ao longo destes sete anos non só do mero divertimento semanal que, como na maioría dos conxuntos das ligas da Asociación de Futbolistas Veteráns de Pontevedra, perseguen coas súas reunións sabatinas. Nas súas catro primeiras tempadas experimentaron ademais tres ascensos, desde a entón sexta división á terceira. Agora, con sete grupos e catro categorías, o Terras de Curro figura encadrado no Grupo 3.º B. Ocupando a decimoterceira praza nunha Liga de 18 equipos con 22 puntos en 22 partidos e a única aspiración de manter a categoría.


http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/meis/2016/02/18/terras-curro-feliz-inquilino-vecino-meis/0003_201602A18C10992.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario