Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 30 de marzo de 2016

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA IMPULSA PROGRAMAS POLIDEPORTIVOS EN PRÍNCIPE FELIPE PARA 300 NENAS E NENOS DA PROVINCIA




O prazo de inscrición nos campamentos remata o 15 de abril
A Deputación de Pontevedra publicou esta semana as bases do programa “Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe” que se desenvolverán nas instalacións do mesmo centro no verán do 2016. Esta actuación, enmarcada no servizo de deportes, ten por finalidade a promoción e organización de actividades cun compoñente deportivo e educativo destinada ó lecer de 300 menores de idade nados entre os anos 2002 e 2009 que residen nos concellos da provincia de Pontevedra.
En total, a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos 300 prazas distribuídas en 50 prazas por cada unha das 6 quendas entre o 11 de xullo e o 27 de agosto. Das 300 prazas 30, repartidas nas seis quendas dos campamentos, estarán destinadas a nenas e nenos do Centro Príncipe Felipe.
As prazas serán distribuídas en función do número de habitantes dos concellos. Así, os concellos de menos de 3.000 habitantes terán 3 prazas, os de entre 3.000 e 20.000 4, os de entre 20.000 e 35.000 5, os de entre 35.000 e 80.000 9, os de entre 80.000 e 200.000 12 e os de máis de 200.000 18 prazas.  A asignación das prazas realizarase mediante sorteo público.
A través de “Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe” a Deputación de Pontevedra ofrece a posibilidade de que mozas e mozos empreguen as súas vacacións de verán participando en actividades lúdicas, educativas e deportivas que contribúan ó seu enriquecemento e desenvolvemento persoal e ó coñecemento doutros lugares fóra da súa contorna. En concreto, desenvolveranse actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, xogos de sala, arte, parque multiaventura, tiro con arco, deportes en equipo, actividades acuáticas, obradoiros, etc. co obxectivo de ensinar ás mozas e mozos a desenvolverse nun medio non habitual, potenciando a súa maduración, desenvolvendo a sociabilidade e o dinamismo multicultural, inculcando hábitos hixiénicos, alimenticios e de exercicio físico e fomentando o respecto polo medio ambiente e a conservación da natureza.
As nenas e nenos aloxaranse en albergue en réxime de pensión completa e estarán atendidas e atendidos por un equipo técnico formado por persoal especializado. Amais, a institución provincial aportará todo o material necesario para o desenvolvemento das actividades.
O prezo será de 125 € por praza. Os interesados poden presentar as solicitudes, ben mediante formulario web (a través de www.depo.es) ou formulario impreso (que se poderá recoller na oficina de información ó cidadán da Deputación de Pontevedra e na súa sede en Vigo), ata o 15 de abril de 2016.

No hay comentarios:

Publicar un comentario