Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 16 de marzo de 2016

A Xunta analiza cos afectados pola PO-531 a construción dunha nova rotonda



O director xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Francisco Menéndez, e o delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, analizaron este martes con representantes da plataforma de afectados pola estrada PO-531 a construción dunha rotonda deste vial.
Na reunión tamén estiveron presentes o xefe territorial deste área, José Luis Díez, e o presidente do colectivo, Manuel Corredoira. Ao término da mesma, a Xunta indicou nun comunicado que o obxectivo da execución desta nova infraestrutura é mellorar a seguridade viaria.
Ademais, recolleuse a demanda do colectivo para a construción dun novo vial de medio quilómetro de lonxitude que enlazaría o núcleo urbano da Devesa con esta nova rotonda e co lugar de Reariz.
O delegado territorial comprobou cos veciños os terreos por onde se podería executar este novo vial. Os representantes da plataforma comprometéronse a realizar unha reunión cos propietarios das parcelas necesarias para a ampliación de dita infraestrutura co obxectivo de que poñan os terreos a disposición da administración autonómica para levar a cabo a execución desta importante obra demandada polos veciños da Devesa.

http://pontevedraviva.com/xeral/26678/xunta-analiza-afectados-po531-construccion-rotonda/

No hay comentarios:

Publicar un comentario