Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 21 de marzo de 2016

A XUNTA INICIA A TRAMITACIÓN DO REGULAMENTO DO TAXI, QUE CONCRETA AS CONDICIÓNS LEGAIS PARA O EXERCICIO DESTA ACTIVIDADE EN GALICIA




O Decreto que desenvolve a Lei 4/2013 entra en fase de información pública a través do Portal de Transparencia da Administración autonómica e se abre o trámite de audiencia cos sectores implicados


§         A norma aposta pola redución de trámites e a coordinación entre administracións ao consolidar a solicitude única para a obtención de licenza municipal e autorización interurbana
§         Establécese unha relación de dereitos e deberes dos usuarios e dos profesionais do taxi e se regula a contratación do servizo, a concertación do mesmo por vía telemática e o arrendamento de vehículo con conductor
§         A lexislación tamén detalla e completa o réxime de infraccións e sancións e o procedemento sancionador contido na lei
§         O regulamento será de gran importancia para un sector que dá traballo a máis de 3.500 profesionais do taxi e que afecta a outros 140 vehículos dedicados á actividade de arrendamento con condutor

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de iniciar a tramitación do regulamento do taxi e do arrendamento de vehículo con condutor, que se materializará a través dun decreto que concreta as condicións legais para o exercicio desta actividade en Galicia. O texto que desenvolve a Lei 4/2013 abre a súa fase de información pública a través da súa exposición no Portal de Transparencia da Administración autonómica ao tempo que se dá comezo ao trámite de audiencia cos sectores implicados nesta actividade. No seguinte enlace pode consultarse o documento: http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions/-/nt/0106/proxecto-decreto-polo-que-aproba-regulamento-lei-transporte-publico-persoas-vehiculo.


No ano 2013 entrou en vigor a Lei de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, que regula as actividades de taxi e de aluguer de vehículos de turismo con condutor. Respectando os principios de universalidade e accesibilidade que deben presidir todo transporte público, esta norma incorporou unha serie de melloras orientadas a garantir o mantemento do servizo, ao tempo que estableceu ferramentas para modernizalo e incrementar a súa eficacia. As previsións xerais contidas nesta norma precisan dun desenvolvemento regulamentario posterior que as concrete e detalle a súa aplicación.

Nesa liña, o Goberno galego aprobou xa o decreto que disciplina o funcionamento da Comisión Especial de Transporte Público en Vehículos de Turismo, creada pola lei, así como a orde pola que se regula o Rexistro de Títulos Habilitantes para prestar servizos de taxi en Galicia.

O decreto que inicia agora a súa tramitación vén constituír un paso máis no desenvolvemento da Lei. Para elaborar o borrador, analizáronse polo miúdo todos os procedementos que se establecen na norma e fíxanse as especialidades, así como o réxime xurídico de exercicio da actividade do taxi e do arrendamento con condutor.

Así mesmo, o texto tamén matizará e completará o réxime de infraccións e sancións e o procedemento sancionador contido na lei. Deste xeito, o regulamento concíbese como a norma xeral de referencia para a actividade de transporte público en vehículos de turismo de Galicia.

A norma aposta pola redución de trámites e a coordinación entre administracións ao consolidar a solicitude única para a obtención de licenza municipal e autorización interurbana.

O decreto tamén afonda nos dereitos e deberes dos profesionais, completando os que xa viñan establecidos na lei, e incorpora como novidade tamén unha recompilación de dereitos e deberes dos profesionais do taxi. Así mesmo, tamén se regulan as condicións de contratación do servizo, a maneira de concertalo de maneira telemática e a actividade de arrendamento con condutor.

Unha vez aprobada, será de capital importancia para uns sectores que ocupan en Galicia a máis de 3.500 taxistas, na súa inmensa maior parte autónomos cun único vehículo, e a aproximadamente 140 vehículos dedicados á actividade de arrendamento con condutor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario