Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 30 de marzo de 2016

XESTUR REDUCE NUN 31 POR CENTO A SÚA DÉBEDA FINANCEIRA TRES ANOS DESPOIS DA FUSIÓN



§         O consello de administración da sociedade pública aprobou hoxe as contas da mesma
§         Entre 2014 e 2015 reduciuse a débeda en 45,2 millóns de euros e en 2016 reducirase noutros 11,3 millóns
§         Ademais conseguiuse un aforro en xuros de 14 millóns de euros

O plan de saneamento da empresa pública Xestur comeza a dar froitos, coa redución no 31 por cento da súa débeda financeira nos tres primeiros anos dende a fusión das antigas catro empresas provinciais.

O consello de administración de Xestur aprobou hoxe as contas da sociedade, destacando que entre 2014 e 2015 a débeda financeira da mesma se reduciu en 45,2 millóns de euros (25% por cento) e aprobouse que en 2016 se amorticen outros 11,3 millóns.

Desta maneira, dende a fusión das antigas catro Xestur en decembro de 2013 terase reducido a débeda financeira da empresa en 56 millóns de euros, o que supón un 31 por cento da débeda bancaria inicial. Cabe salientar que a débeda de Xestur procede das actuacións realizadas pola empresa no período 2005-2009, xa que en 2005, antes do cambio de goberno, as empresas provinciais estaban saneadas, mentres que en 2009, no novo cambio de goberno, a débeda financeira contraída dende 2005 colocábaas ao borde da quebra.

Ademais de reducir a débeda financeira, en novembro de 2015 Xestur formalizou un préstamo con Abanca que permitiu cancelar o préstamo sindicado asinado anteriormente con dez entidades financeiras. O préstamo formalizado en novembro pasado recolle unhas condicións moi favorables para Xestur e suporá un aforro de 14 millóns en xuros.

Por outra parte, no marco do mesmo plan de saneamento, entre 2014 e 2015 Xestur pagou expropiacións pendentes da etapa 2005-209 por importe de 13 millóns de euros.

Cabe salientar a vendas de solo empresarial acadadas en 2015 grazas á política de bonificación de prezos seguida pola empresa pública. O ano pasado Xestur adxudicou un total de 183 parcelas de solo empresarial da súa propiedade, cunha superficie total de 416.659,08 metros cuadrados por valor de preto de 18,5 millóns de euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario