Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 2 de abril de 2016

A Deputación nombra o ex-candidato do BNG á alcaldía de Forcarei, Roberto Jorge Correa, novo xerente do Consorcio Contra Incendios



A Presidenta da Deputación  destaca o concurso aberto  e transparente para o posto do novo xerente do Consorcio Contra Incendios.

Denunciando que antes o facían con criterios políticos, agora o posto ocupao 0 ex-candidato do BNG á alcaldía de Forcarei no ano 2015.


A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, sinalou hoxe tras manter a primeira xuntanza co novo xerente do Consorcio Contra Incendios, que agora toca garantir que este servizo sexa “o máis eficaz e áxil posible e que esa vai ser a misión do novo responsable”.

Silva mantivo hoxe a primeira xuntanza de traballo co novo xerente do Consorcio, Roberto Jorge Correa, que foi nomeado fai apenas uns días tras a celebración do concurso público para a praza. Precisamente a Presidenta subliñou que ate de agora esta praza de alta dirección viña sendo adxudicada por criterios políticos, cousa que “coa nova Deputación o sistema de provisión destes postos de alta dirección mudou porque queremos técnicos e profesionais neles e garantir sempre a igualdade  de condicións e acceso”.

Curiosamente tras esta afirmación, o nomeado foi o candidato do BNG á alcaldía de Forcarei nas eleccións municipais do 2015.

O novo xerente Roberto Jorge Correa, que foi o único que se presentou ao concurso-oposición,  é enxeñeiro forestal e ten experiencia na loita contra incendios ao desenvolver o seu traballo, ate de agora, no servizo contra os lumes forestais  da Xunta de Galicia.
Carmela Silva afirmou sentirse encantada co novo xerente e o seu perfil técnico, ademais de ser un gran coñecedor do sector e por “ter un gran compromiso persoal con este servizo público, tan sensible, como é a loita contra incendios”.

A Presidenta, neste primeiro encontro, xa marcoulle unha serie de obxectivos para garantir un servizo máis áxil e eficaz polo que terá que analizar a situación actual do Consorcio e propor aquelas medidas que considere necesario corrixir, tanto por parte da Deputación como por parte da empresa prestadora do servizo.

O Consorcio Provincial Contra Incendios é unha entidade conformada pola Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia que conta con catro parques de extinción de incendios localizados en O Porriño, Bueu, Ribadumia e Vilagarcía.     

No hay comentarios:

Publicar un comentario