Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 13 de abril de 2016

AREEIRO RECOMENDA RENOVAR O TRATAMENTO CONTRA A EXCORIOSE NOS VIÑEDOS CON FOLLA INCIPIENTE UNHA VEZ FINALICEN AS PRECIPITACIÓNS




Os técnicos da Estación Fitopatolóxica dependente da Deputación sinalan que será necesario revisar os viñedos tras as precipitacións posto que a humidade favorece especialmente este fungo

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de publicar un novo aviso fitosanitario no que recomendan renovar o tratamento contra a excoriose nos viñedos en 'estado fenolóxico D' -viñedos con follas incipientes- unha vez que cesen as precipitacións. Baseándose nas previsións meteorolóxicas previstas para esta semana, na que se esperan precipitacións, recoméndase revisar a viña e renovar a intervención en canto cesen, posto que a humidade é especialmente favorable para este fungo.
O aviso tamén inclúe recomendacións sobre o pedroulo e outros curculiónidos, un tipo de coleóptero que non soe afectar moito aos viñedos da provincia de Pontevedra pero que puntualmente pode ser moi nocivo. Sobre o pedroulo, os técnicos recomendan revisar as viñas que xa teñan historial de problemas con este coleóptero, viñas afectadas nos últimos anos, e se se detecta a súa presenza será necesaria a súa eliminación mecánica.
O aviso tamén inclúe unha recomendación relacionada co ácaro do botón floral en camelias, indicando que é agora o momento idóneo para aplicar un tratamento fronte a este ácaro que está iniciando a súa actividade na maioría de especies e cultivares de camelia. Cita como materias activas rexistradas fronte a ácaros en camelia a abamectina, o aceite de colza máis piretrinas, o aceite de parafina, o azufre e o oxamilo.
 (As imaxes dos diferentes síntomas de estas patoloxías poden descargarse da páxina www.areeiro.es citando a súa procedencia)

No hay comentarios:

Publicar un comentario