Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 13 de abril de 2016

nava castro destaca que a calidade constitúe un vector fundamental para acadar un sector turístico competitivo en Galicia



A directora de Turismo de Galicia participou hoxe no acto de entrega do distintivo SICTED ao Concello de Sanxenxo

§           O proxecto SICTED baséase na conciencia integral do destino e na identificación de obxectivos comúns dos axentes implicados, perseguindo un nivel de calidade homoxéneo nos servizos ofrecidos ao turista
§           A directora de Turismo de Galicia asegura que o obxectivo da Xunta é traballar conxuntamente co sector para facer da calidade un elemento diferenciador do noso destino

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no acto de entrega do distintivo SICTED ao Concello de Sanxenxo.

O proxecto SICTED baséase na conciencia integral do destino e na identificación de obxectivos comúns dos axentes implicados, perseguindo un nivel de calidade homoxéneo nos servizos ofrecidos ao turista que nos visita.

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia felicitou ao Concello de Sanxenxo pola súa aposta pola calidade destacando que o distintivo SICTED, por un lado, certifica o gran esforzo desenvolvido polos seu axentes turísticos a prol da optimización do servizo que prestan e, por outro, acredita unha xestión solvente.

A responsable de Turismo da Xunta sinalou que Sanxenxo é un dos destinos de interese turístico da nosa comunidade autónoma grazas aos seus atractivos unidos á gran oferta de aloxamento e restauración caracterizados por ofrecer un servizo de calidade.

Neste senso, Nava Castro resaltou que a calidade deste municipio galego está recoñecida, ademais de polo distintivo SICTED, polas numerosas empresas e servizos  certificados coa Q de Calidade Turística, e as súas praias e portos galardoados coa Bandeira Azul.

Por outra banda, a responsable de Turismo de Galicia asegurou que o obxectivo da Xunta é traballar conxuntamente co sector para facer da calidade un elemento diferenciador do noso destino.

Nava Castro incidiu nesta liña explicando que o apoio á implantación e desenvolvemento dos sistemas de calidade turística é para Turismo de Galicia unha das principais prioridades xa que a calidade na oferta e nos servizos constitúe un vector fundamental para acadar un sector máis competitivo. 

Así, a directora de Turismo de Galicia sinalou que mostra disto é a nova liña de subvencións, publicada no DOG a pasada semana, que dotada de 90.000 euros dará  impulso, promoción e apoio ás iniciativas de calidade necesarias para cumprir os esixentes estándares fixados polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) para a obtención ou renovación da Q de Calidade Turística.

“O feito de incrementar os destinos con distintivos de calidade redunda nunha mellora da imaxe do sector, pero tamén na mellora da confianza e da fidelidade dos turistas”, sinalou.

A directora de Turismo de Galicia rematou afirmando que a calidade dos establecementos, servizos e produtos turísticos convértese nun feito diferencial e proporciona unha vantaxe competitiva fronte a outros destinos con oferta similar. “Para acadar éxito nas políticas de calidade é fundamental o compromiso e a implicación conxunta, tanto da administración turística competente como do propio sector”, concluíu.

No hay comentarios:

Publicar un comentario