Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 8 de abril de 2016

O VIVEIRO DE LALÍN ACADA UNHA OCUPACIÓN DOS LOCAIS DESTINADOS A OFICINAS DO 80% E O DE BARRO-MEIS DO 25% COAS NOVAS ADXUDICACIÓNS




A comisión seleccionadora dos viveiristas aprobou oito novas iniciativas para ocupar espazos empresariais en ambas instalacións

A comisión seleccionadora dos proxectos empresariais para os viveiros de Lalín e de Barro-Meis adxudicou, na xuntanza celebrada hoxe, outros oito espazos de oficinas para ambas instalacións. Con esta novas adxudicacións os espazos adicados a oficinas en Lalín teñen unha ocupación do 80 por cento e o de Barro-Meis do 25 por cento.
En concreto para Lalín aprobouse á empresa de “Alberto Massa Calleja” a adxudicación da oficina número catro. Este proxecto empresarial está baseado na preparacións de oposicións online.
Este novo viveirista únese as outras tres empresas xa instaladas en Lalín. “Kuzunguka APP Developers” que realiza un dispositivo e unha APP para localizar obxectos perdidos; “Stoutic Computing Technologies S.L”, que ofrece solucións de automatización da xestión e comercio electrónico da empresa PEME (solucións TIC á xestión empresarial e a actividade promocional doutras empresas); e “Inés Ferreiroa Louzao” que ofrece un servizo de mediación (resolución de conflitos para evitar a vía xurídica).
No que respecta ao viveiro de Barro-Meis aprobáronse a instalación de sete novas empresas, cinco en oficinas e dúas en naves. “Certivedra Rehabilitación C.B”. adicada a construción e rehabilitación enerxética de edificios, emisión de informes de avaliación de edificios, certificados de eficiencia enerxética, peritacións, e valoracións; “Laura Santiago Fariña”  para a formación, asistencia e orientación socio-sanitaria no medio rural (necesidades asistenciais, formación de pacientes e de familias e orientación na tramitación de documentos); “Coperfruit S.L. adicada a comercialización, importación e exportación de froitas; “María Margarita Ferreira Pereira” para asesoramento para persoas que queiran desenvolver a súa actividade no medio rural;  “María Margarita Ferreira Pereira”, para asesoramento para ás mulleres profesionais e emprendedoras que desenvolven a súa actividade no medio rural; e para as naves ás empresas de “Avelino Tourís Fajardo”  adicado á comercialización de sal mariña natural atlántica 100% sen aditivos; e de “Jorge Fontán Carballo”, adicado ao transporte e distribución de mercadorías perecedoiras por estrada.
O viveiro de empresas de Lalín conta en total con tres  naves dunha superficie variable entre 141,00 m² e 142,70 m²; cinco  oficinas dunha superficie variable entre 16,10 m² e 18,10 m²; e un espazo de coworking de 92,10 m², cunha capacidade para 16 postos de traballo.
No caso do viveiro de Barro-Meis dispón de 16 naves dunha superficie variable entre 54,75 m² e 111,10 m²; 24 oficinas dunha superficie variable entre 18 m² e 25 m²; e de 3 espazos coworking de 37 m² cada un, cunha capacidade para 12 postos de traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario