Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 10 de mayo de 2016

A DELEGACIÓN TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA ANALIZA CO SECTOR A EVOLUCIÓN DO PLAN ANUAL DE CONTROL DO XABARIL




§         Na reunión celebrada hoxe estiveron presentes representantes da Xefatura Territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sindicatos agrarios, axentes forestais e representantes de tecores  
§         Os datos recollidos durante a aplicación en 2015 do novo protocolo de control desta especie abalan que se volva a aplicar no presente ano

A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra analizou esta mañá co sector a evolución do plan anual de control do xabaril e o funcionamento do protocolo que xa se levou a cabo durante o 2015-16.

Na reunión estiveron presentes o xefe territorial de Medio Ambiente, Alberto Fuentes, así como os xefes do Servizo de Caza e Conservación da Natureza, o presidente da Asociación de Caza da provincia, Javier Nogueira, representantes dos tecores e dos sindicatos agrarios.

O encontro tivo como obxectivo coordinar, mellorar e axilizar o control da produción de danos agrícolas polo xabaril, así como para analizar o protocolo de control desta especie que estivo en funcionamento no pasado ano. “Os datos nos abalan para seguir a aplicalo durante o 2016-17, de cara a controlar os danos que sobre os cultivos causa esta especie”, explicou Alberto Fuentes, destacando que a aplicación deste protocolo permitiu reducir ás perdas nos últimos 12 meses en comparación con anos anteriores.

Este protocolo de actuación foi aprobado o ano pasado unificando criterios entre labregos, cazadores e o Servizo de Conservación da Natureza e permitiu organizar e realizar o control e captura dos exemplares que produzan os danos coa maior brevidade posible.

Deste xeito, manteranse as esperas e cacerías do xabaril, así como axilizar a autorización, tanto para a posta en marcha de ganchos como de esperas e batidas, “en canto teñamos coñecemento dos danos ocasionados por estes animais”, explicou o xefe territorial, quen matizou que estes tempos dependen da comprobación da situación por parte dos gardas.

As medidas aplicadas en este protocolo utilízanse progresivamente, en función do éxito que vaian tendo. “Deste xeito observamos que as medidas 1 e 2, que son o desencame dos xabarís e as esperas funcionan, xa que só foi necesario utilizar a medida 3, que son batidas con armas de fogo, en catro ocasións”, engadiu Fuentes.

Ademais, tamén se está a axudar aos agricultores afectados polos ataques desta especie con indemnizacións que van dende os 0.13 euro por metro cadrado en millo de gran aos 0.40 euros por patacas ou 1.60 euros por leitugas, pementos ou tomates, entre outros produtos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario