Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

sábado, 28 de mayo de 2016

A DEPUTACIÓN REALIZA O SORTEO PÚBLICO DAS MÁIS DE DUAS MIL PRAZAS DO PROGRAMA DEPO AVENTURA 2016





A Deputación de Pontevedra vén de realizar o sorteo público das prazas  mediante un algoritmo informático do programa Depo Aventura 2016.

"Depo Aventura A Lanzada 2016", impulsado pola Deputación cunha achega de 235.00 €, ofrece a posibilidade de que mozas e mozos empreguen as súas vacacións de verán participando en actividades lúdicas, culturais, deportivas e formativas que contribúan ao seu enriquecemento persoal e ao coñecemento doutros lugares fóra da súa contorna.

O programa, que se realizará en once quendas -de 200 prazas cada unha- entre o 26 de xuño e o 10 de setembro no Centro de Vacacións da Lanzada, dará acollida a 2.200 pontevedreses e pontevedresas de entre os 8 e os 13 anos. Os asistentes ao sorteo salientaron a "enorme aceptación e boa acollida" do programa, que este ano recibiu preto de 4.000 solicitudes.

Neste senso, concellos como Vigo ou Pontevedra superaron o 100 % do número de prazas reservadas para cada un deles, nun 200,3 % e nun 120,5 % respectivamente, debido a un remanente das mesmas noutros concellos da provincia.

Grazas ao convenio de colaboración coa Fundación La Caixa, concedéronse máis de 200 prazas gratuítas a menores en situación ou risco de exclusión social, dándolles a oportunidade de participación a familias con escasos recursos económicos. Pola súa banda, aquelas familias acollidas baixo o réxime de familia numerosa gozarán dun desconto do 20 % sobre o prezo da praza.

A lista definitiva da adxudicación das quendas poderá consultarse a partir de mañá na web da Deputación, www.depo.es, e notificaranse ás persoas participantes seleccionadas por mensaxe de móbil ou correo electrónico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario