Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 16 de mayo de 2016

A XUNTA INICIOU XA OS TRABALLOS DE LIMPEZA DAS MARXES E COMEZARÁ NOS PRÓXIMOS DÍAS A CAMPAÑA DE RENOVACIÓN DA PINTURA DAS ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA



§         Estas actuacións deben acometerse na primavera, trala xerminación das especies herbáceas e con tempo seco
§         Desbrozaranse máis de 740 quilómetros de vías e pintaranse arredor de 350

A Xunta de Galicia deu comezo nos últimos días aos traballos de limpeza das marxes e iniciará en canto a climatoloxía o permita a campaña de renovación da sinalización horizontal das estradas da rede autonómica na provincia.
Trátase sobre todo de desbroces e repintados que deben facerse durante esta época, cando xa xerminaron as especies herbáceas, con tempo seco. A limpeza das cunetas incrementa, ademais, a efectividade da estrada como cortalume en caso de incendio.
As actividades de mantemento, desbroce e segado da vexetación nas marxes das estradas iniciáronse na última semana de abril, empezando nas zonas onde a vexetación, por particularidades climáticas ou biolóxicas, presenta un estado máis avanzado. Actuarase sobre máis de 740 quilómetros da rede autonómica de estradas na provincia de Pontevedra.
Deste xeito, increméntase a seguridade na circulación ao mellorar as condicións de visibilidade e diminuír a presenza de materia potencialmente esvaradiza; optimiza a capacidade de evacuación dos sistemas de drenaxe da estrada (cunetas, tubos...), evitando estancamentos por vexetación; favorece a percepción da irrupción de animais na calzada con maior antelación, permitindo dispoñer dun maior tempo de reacción ao condutor para evitar posibles colisións; e ademais, o aspecto limpo disuade de posibles verquidos incontrolados.
A renovación da sinalización horizontal consiste, na súa parte fundamental, no repintado das marcas viarias. Nesta campaña está previsto o repintado de ao redor de 350 quilómetros de estrada. Os traballos se iniciarán en canto a climatoloxía sexa favorable e serán completados nos meses de verán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario