Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 24 de mayo de 2016

AREEIRO ADVIRTE DO INICIO DO PERIODO DE RISCO PARA A APARICIÓN DO OIDIO NAS VIÑAS DA PROVINCIA





Os técnicos aconsellan renovar o tratamento contra o Mildeu nos vindeiros días ante o inicio da floración
Tamén se insta a volver a aplicar os funxicidas contra a lepra das pexegueiras e pavieiras e contra a bacteriose do kiwi

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro vén de sinalar no seu aviso fitosanitario de hoxe o inicio do periodo de risco para a aparición de Oidio nas viñas da comarca polo que aconsella incrementar a vixiancia. Así mesmo, ínstase a renovar o tratamento contra o Mildeu nos vindeiros días tendo en conta que se achega o inicio da  floración. Con respecto a outros cultivos, tamén se aconsella aplicar de novo os funxicidas contra a lepra nos melocotoeiros e na pavieiras, así como contra a bacteriose do kiwi.
Viña
Aínda non  se teñen detectado os primeiros síntomas do Mildeu nin nas variedades máis sensibles, mais en todo caso, o estado de prefloración marca o inicio dun periodo de risco para as viñas fronte a esta enfermidade. As condicións climáticas son favorables ao desenvolvemento do fungo, polo que é preciso incrementar a vixiancia.
Por outra banda, é preciso renovar os tratamentos contra o Mildeu nos vindeiros días tendo en conta que se achega o inicio da floración. Se o viñedo aínda se atopa dentro do periodo de protección teórico do tratamento anterior pode retrasarse a nova aplicación, pero sen olvidar que é importante manter o viñedo protexido para evitar danos á colleita potencial.
En canto ao ‘black rot’, esta semana os técnicos detectaron un incremento dos síntomas da enfermidade e a súa extensión a todas as comarcas da provincia. Na actualidade non se estima necesario realizar ningún tratamento, pero advírtese que a receptividade dos acios a este patóxeno aumenta sensiblemente dende a floración.
Tamén se detectaron os primeiros adultos de Eupoecilia ambigüella na parcela de seguimento de Tremoedo e tamén de Altica, un insecto defoliador, na parcela de seguimento de Vide. Non se atoparon aínda colonias de acariose, se ben en algunas fincas atopáronse prantas con síntomas que apuntan a enfermidades da madeira, polo que se pode eliminar o brazo afectado facendo un corte vertical e tratando a ferida.

Melocotoeiro e pavieiras
A semana pasada indicábase que a loita contra o fungo da lepra debe realizarse desde o inicio da campaña, ademais dos pertinentes tratamentos invernais con cobre, mais en calquera caso, os propietarios que non tiveran realizado ningunha actuación podían aplicar o fuxicida. Nesta semana débese ter en conta que o tratamento é de contacto, polo que se debe renovar a aplicación en lugares que teñan sufrido moita choiva.

Kiwi
É preciso renovar os tratamentos contra a bacteriose cando desaparezan as chuvias e se estabilice a climatoloxía, xa que debido ás precipitacións os funxicidas cúpricos aplicados estarán lavados.

Maceira
As capturas de couzas das maceiras rexistradas nas trampas instaladas en Areeiro e Tremoedo son claro reflexo de que as poboacións poden variar sensiblemente entre fincas, xa que na primeira capturáronse dez e ningunha na segunda. Por este motivo os técnicos consideran importante a instalación desas trampas para non ter que intervir constantemente e non ter danos na froita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario