Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 31 de mayo de 2016

ETHEL VÁZQUEZ REITERA O CHAMAMENTO AOS CONCELLOS A SUMARSE AO PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS PARA UNIR ESFORZOS E LOITAR DE XEITO REAL E EFECTIVO CONTRA OS DESAFIUZAMENTOS


A conselleira de Vivenda presentoulles hoxe a técnicos dos servizos sociais e representantes de distintas administracións da comarca de Pontevedra as doce medidas activadas polo Goberno galego para dar resposta ás familias en risco de perder o seu fogar

§  Vázquez Mourelle destaca que os municipios se poderán adherir voluntariamente ao Programa e mobilizar as vivendas de particulares, empresas e organismos que se atopan desocupadas para destinalas a alugueiro social
§  Precisa que para favorecer esta medida, desde a Xunta financiaranse unha serie de garantías: un seguro multirrisco do fogar; e de garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas, que inclúe asistencia e defensa xurídica
§  Lembra que a Xunta vén de ampliar o Bono de alugueiro social, incrementando a contía  de 150 a 200 euros ao mes para beneficiarios das 7 grandes cidades, por un período de ata dous anos; e a axuda adicional de 450  a 600 euros
§  A xuntanza é o cuarto encontro deste tipo, logo dos celebrados na Coruña, en Vigo e en Ferrol, xa que son as grandes cidades onde se detectaron máis casos de familias que están en risco de perder a súa vivenda habitual

 A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, participou hoxe nunha xornada de traballo con técnicos dos servizos sociais e representantes das distintas administracións da área de Pontevedra, na que reiterou o seu chamamento aos concellos a sumarse ao Programa de Vivendas Baleiras para loitar de forma real e efectiva contra os desafiuzamentos.

Ethel Vázquez destacou que os concellos poderanse incorporar voluntariamente ao Programa de Vivendas Baleiras coa fin de mobilizar as vivendas de particulares, empresas e organismos que se atopan desocupadas para ser destinadas a alugueiro social, contando para isto coa participación das Administracións locais. Precisou que para favorecer esta medida, desde a Xunta financiaranse unha serie de garantías: un seguro multirrisco do fogar; e de garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas, que inclúe asistencia e defensa xurídica.

A xuntanza de hoxe é o cuarto encontro deste tipo, logo dos celebrados na Coruña, en Vigo e en Ferrol, precisamente nas áreas das grandes cidades onde se detectaron máis casos de familias que están en risco de perder a súa vivenda habitual.

Vázquez salientou que o obxectivo desta xornada é unir esforzos, traballar da man             -administracións, poderes públicos, técnicos dos servizos sociais- para ofrecer unha resposta áxil ás persoas que teñen dificultades, e que as medidas cheguen a quen máis o precisa.  

O Goberno galego está a facer este tipo de reunións para que os técnicos dos servizos sociais poidan coñecer, con todo detalle, os programas de apoio e protección activado para dar resposta a aquelas familias que están en risco de perder o seu fogar. Ademais dunha xornada informativa, a Xunta pretende que este encontro sexa tamén un foro de diálogo e de intercambio de opinións no que os técnicos e representantes das distintas administracións e entidades poidan trasladar as súas experiencias, reflexións e achegas sobre a problemática social en relación coa vivenda.

A titular de Vivenda explicou hoxe as 12 medidas que, desde o ano 2012, impulsou o Executivo autonómico para dar unha solución a todas as persoas que se atopan nunha situación de perda da súa vivenda habitual.

Vázquez Mourelle lembrou que o Goberno galego vén de ampliar o  Bono de alugueiro social, incrementando a contía  de 150 ata os 200 euros ao mes, no caso de beneficiarios das sete grandes cidades, por un período de ata dous anos; e incrementando tamén a axuda adicional de 450  a 600 euros.

A Xunta asinou convenios con entidades financeiras, entre elas coa maior de Galicia, e recentemente firmouse tamén un acordo  co Consello da Avogacía Galega para prestar gratuitamente servizo de asesoramento e orientación previa ao procedemento xudicial, co obxecto de evitalo, ás persoas sen recursos nos trámites administrativos que teñen que ver coa perda da vivenda habitual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario