Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 30 de mayo de 2016

NAVA CASTRO APOSTA POLO TURISMO SOSTIBLE COMO UNHA DAS EMPRESAS MÁIS LIMPAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE GALICIA




A directora de Turismo de Galicia participou no Encontro Nacional de Expertos en Medio Ambiente e Saúde


§        A natureza é a primeira motivación pola que o visitante escolle como destino a Comunidade, cun 12% de superficie incluída na rede galega de espazos protexidos
§        Turismo de Galicia ten en marcha produtos innovadores que aproveitan os recursos endóxenos respectando a biodiversidade como o termalismo ou a enogastronomía

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, aposta por impulsar o turismo sostible xa que é unha das empresas máis limpas para o desenvolvemento social, económico e ambiental de Galicia. Nava Castro fixo estas declaracións no Encontro Nacional de Expertos en Medio Ambiente e Saúde, no que participou cun relatorio sobre o turismo sostible e a posta en valor do contorno natural como medio de recreo e de rendibilidade económica.

A directora afirmou que a natureza é unha das fortalezas de Galicia como destino turístico posto que é a primeira motivación pola que os visitantes escollen a nosa Comunidade, que ten un 12% da súa superficie dentro da rede galega de espazos naturais protexidos.

Neste sentido, subliñou que non só hai que traballar pola protección e posta en valor dos recursos endóxenos, senón tamén imprimir de sostibilidade todas as políticas turísticas e a actividade dos empresarios do sector.

Ao respecto, Nava Castro lembrou que un dos grandes retos que ten o Plan Integral de Turismo de Galicia é converter a Comunidade nun modelo europeo de turismo sostible, deseñando produtos innovadores e de calidade que cubran as necesidades do presente sen comprometer as de xeracións futuras.

A directora puxo como exemplo do turismo sostible o Camiño de Santiago e indicou que Turismo de Galicia xa está impulsando outras iniciativas deste tipo en materia de termalismo, enogastronomía, ornitoloxía, turismo industrial ou mariñeiro, rutas especializadas como a da camelia ou a da lamprea ou actividades deportivas como os itinerarios para bicicletas todo terreo. Todos estes produtos, segundo explicou Nava Castro, sacan proveito dos recursos endóxenos de Galicia sen interferir na conservación da biodiversidade e do medio ambiente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario