ATLÉTICO AROUSANA E O OLIVO DISPUTARÁN A FINAL FEMININA DA COPA DEPUTACIÓN O VINDEIRO 22 DE XUÑO - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 15 de junio de 2016

ATLÉTICO AROUSANA E O OLIVO DISPUTARÁN A FINAL FEMININA DA COPA DEPUTACIÓN O VINDEIRO 22 DE XUÑO



O partido será ás 21h. no campo de fútbol de Santa Mariña en Redondela

O Atlético Arousana de Vilagarcía e O Olivo de Vigo disputarán a final da Copa Deputación de fútbol feminino o próximo mércores 22 de xuño no Campo de Fútbol de Santa Mariña en Redondela.

Atlético Arousana e Federación Viguesa de Peñas Recreativas O Olivo chegan á final despois dun torneo entre 21 equipos, divididos entre a zona de Pontevedra e a de Vigo. Os partidos desenvolvéronse entre os meses de abril e maio. O Arousana xogou na zona de Pontevedra e O Olivo na de Vigo.

A final terá lugar o mércores 22 de xuño, ás 21.00h., en Redondela. A entrada será de balde e realizarase un sorteo de regalos entre as persoas asistentes. Ao encontro están convidados todos os equipos femininos que participaron na Copa Deputación, así como as escolas deportivas municipais da provincia.

Os dous equipos finalistas son referentes no fútbol feminino galego. As mozas do Olivo veñen de quedar campioas de liga da Segunda División Nacional Feminina por quinta vez na súa historia. Veñen de disputar a fase de ascenso á Primeira División, pero quedaron fóra na primeira eliminatoria. Aínda así, cabe lembrar que si lograron estar na elite do fútbol feminino na tempada 2011-12 cando competiron na Primeira División, converténdose no único equipo galego feminino que o logrou.

Pola súa banda, o Atlético Arousana vén de quedar cuarto na mesma liga da Segunda División. Agora opta ademais a revalidar o título en disputa, xa que o ano pasado foron as gañadoras da Copa Deputación na súa primeira edición feminina. O equipo das arousás aspira tamén este ano a facerse coa Copa Federación ou Galicia, para a que tamén son finalistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario