Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 11 de julio de 2016

51 CONCELLOS DA PROVINCIA SE ADHIREN Ó PROGRAMA DEPOTERMAL 2016



Depotermal oferta 4.434 para o fomento do envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe as solicitudes que 51 concellos da provincia realizaron para formar parte do programa “Depotermal 2016”. En concreto, serán Agolada, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilanova de Arousa e Vilagarcía, os concellos que poderán ofertar o programa ás súas veciñas e veciños.

“Depotermal 2016”, que conta cun orzamento de máis de 100.000 €, ten por obxectivos fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas e, a súa vez, ser un plan dinamizador da economía provincial, impulsando a creación e mantemento dos postos de emprego no sector turístico durante os períodos de menor actividade. Amais, pretende impulsar novas relacións sociais e favorecer a participación en actividades que impulsen a cooperación, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, evitando o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.
Ó longo de 2016 as persoas dos concellos adheridos interesadas en participar no programa disporán de 4.434 prazas distribuídas en dúas actividades e, como gran novidade do novo modelo, por  primeira vez, contarán cunha reserva de 434 prazas gratuítas dedicadas ás persoas con escasos recursos económicos ou en risco de exclusión, que ate agora non podían acceder a este programa e que ven a manifestar o compromiso social inequívoco do novo goberno provincial.

“Depotermal 2016” conta con dúas actividades destinadas a 4.434 persoas. A estadía diúrna conta con 1.248 prazas, das cales 248 son gratuítas,  e o resto contarán cunha subvención de 40 euros sobre o custe total.  O segundo programa, no que os participantes pasarán cinco días de estadía en réxime de pensión completa nos balnearios coas súas respectivas noites, tamén de luns a venres,  se ofertan un total de 3.186 prazas das que 186 serán gratuítas. Para poder optar a algunha das prazas reservadas para as persoas sen recursos, en calquera das dúas actividades, os participantes deberán achegar un informe dos técnicos sociais de cada concello que acrediten a súa situación persoal que será remitido por estes servizos á propia Deputación.

“Depotermal 2016”, que beneficiará a persoas nadas antes do 1966, pensionistas ou persoas con necesidades de respiro familiar, ofertará oito establecementos dos cales distribuídos en 4 spas, 2 talasos e 2 balnearios para a modalidade diúrna e 3 talasos, 3 spa e 2 balnearios para a modalidade con pernoctación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario