Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 6 de julio de 2016

A XUNTA DESTACA A IMPORTANCIA DO TECIDO ASOCIATIVO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, QUE RECIBIRÁ MÁIS DE 1 MILLÓN DE EUROS EN AXUDAS PARA OBRAS E EQUIPAMENTOS




§      No marco do Plan específico extraordinario de investimentos, a Vicepresidencia vén de convocar dúas ordes de subvencións, coa finalidade principal de contribuír a mellorar a calidade da vida local cun importe total de 5 millóns de euros
§      A primeira das convocatorias está destinada á mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galicia
§      A outra liña de axudas está dirixida ás asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia
§      A Xunta contempla a posibilidade dunha posterior ampliación de crédito sen apertura de novo prazo de presentación de solicitudes, que será destinado aos concellos afectados polos temporais

A Xunta de Galicia destacou hoxe o forte tecido asociativo da provincia de Pontevedra, que recibirá 1.050.000 euros –o maior investimento provincial- da Orde de axudas para Asociacións de Veciños, Comunidades de usuarios de augas e Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia  publicada a semana pasada no Diario Oficial de Galicia.

O director xeral de Administración Local, Alberto Pazos, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís detallaron hoxe en Pontevedra convocatoria de axudas que vén de publicar a Xunta a semana pasada.

O Diario Oficial de Galicia publicou a semana pasada as ordes de axudas para concellos e entidades grazas ás cales tanto os concellos de Galicia como entidades sociais, que engloban asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia, poderán contar cunhas axudas que acadan en total os 5 millóns de euros.

A primeira das convocatorias está destinada á mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galicia; e a segunda das Ordes destínase para as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Estas dúas ordes teñen en común o seu financiamento, que ten orixe no Fondo de Superávit de Responsabilidade, unha achega extraordinaria de fondos froito do cumprimento do déficit público, e que a Xunta entende que debe servir coma axuda a aqueles organismos, tanto concellos coma asociacións, con especiais dificultades económicas e aqueles concellos que se comprometeron no cumprimento dos mesmos obxectivos de déficit do goberno galego.

As axudas para entidades teñen por obxecto subvencionar investimentos destinados ás asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais,  coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade da vida da veciñanza galega.

Esta liña de axudas conta cun orzamento de 3 millóns de euros distribuídos por provincias. A Coruña conta con 950.000 euros; Lugo e Ourense, 500.000 cada unha das provincias; e Pontevedra, a que máis, con 1.050.000 euros. A axuda económica poderá acadar a totalidade do investimento realizado cun límite máximo de 15.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para dotación de equipamentos.
Grazas a esta orde, as entidades poderán realizar investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos cales lles corresponda o dereito de uso, camiños veciñais e traídas de augas veciñais coa finalidade de mellorar a prestación dos servizos de interese veciñal, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, contribuíndo deste xeito a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza.
As entidades deberán estar debidamente inscritas no correspondente rexistro de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia, conter na súa denominación a identificación como asociación de veciños, federación, confederación ou unión de asociación de veciños, e ter actualizados no rexistro os datos de composición da xunta directiva e os estatutos da entidade. No suposto das comunidades de usuarios de augas, deberán estar inscritas no libro do rexistro de augas do correspondente organismo de bacía.
As solicitudes deberán presentarse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e o prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir de maña, segundo dispón o Diario Oficial de Galicia.

Mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos galegos
Esta liña de subvencións teñen por obxecto o outorgamento de axudas específicas para investimentos destinados aos concellos de Galicia para a mellora de infraestruturas e equipamentos, coa finalidade de contribuír a mellorar a calidade da vida local, e que contan cun orzamento de 2 millóns de euros.

Os representantes autonómicos puxeron en valor o éxito desta convocatoria posto que o número de solicitudes presentadas (85 ata o momento) xa supera o crédito disposto nesta orde. Pese a isto, o director xeral animou a seguir presentando solicitudes ante a posibilidade de que se incremente o orzamento.  Alberto Pazos indicou que a Xunta contempla a posibilidade dunha posterior ampliación de crédito sen apertura de novo prazo de presentación de solicitudes, que será destinado aos concellos afectados polos temporais, e neste caso a axuda alcanzará os dous terzos do investimento realizado, cun prazo de execución e xustificación ata o 31 de outubro.
 
Serán subvencionables os investimentos na mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, coma obras de saneamento e abastecemento de auga, pavimentación de vías públicas municipais, reformas de edificios e instalacións municipais, e dotación de equipamentos. A axuda económica concedida terá un límite de 35.000 euros por concello, podendo cubrir o cen por cen do investimento solicitado. As solicitudes de subvención serán atendidas respectando a súa orde de entrada e sen comparación con outras solicitudes, ata o esgotamento do crédito dispoñible.

Ao abeiro desta convocatoria os concellos galegos de menos de 10.000 habitantes que a súa actuación respecte os requisitos fiscais impostos pola normativa estatal de estabilidade orzamentaria, regra de gasto, límite de débeda e período medio de pagamento a provedores; os concellos afectados polos temporais acontecidos na nosa comunidade nos meses de xaneiro e febreiro deste ano; e os concellos que non recibiran axudas superiores a 20.000 euros na liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, poderán optar a estas axudas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario