Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 27 de julio de 2016

AREEIRO ADVIRTE DA INNECESARIA APLICACIÓN DALGÚNS TRATAMENTOS PARA A VIÑA





Os técnicos  alertan da aparición da procesionaria do piñeiro na comarca de Pontevedra, onde se detectaron os primeiros insectos nas trampas

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, quere facer un chamamento aos viticultores para evitar a aplicación de tratamentos innecesarios na viña. Os técnicos explican que nos casos das couces do acio, da presenza de cicadélidos e de ácaros é fundamental coñecer ben a sintomatoloxía e, no seu caso, consultar cos técnicos antes de aplicar produtos que non sexan necesarios ou que poidan producir outros problemas nas uvas. Por outra banda, a EFA vén de detectar a presenza da procesionaria do piñeiro na comarca de Pontevedra, onde xa se capturaron os primeiros insectos nas trampas instaladas.
Viña
En canto ao Mildeu, os técnicos sinalan que segue a ser fundamental realizar labores de aireación, xa que o maior número de síntomas vén de detectarse en parcelas nas que non se realizaron traballos de limpeza.  Estas labores son máis importantes dende que se están utilizando funxicidas penetrantes ou cobres, de feito téñense visto fincas onde estas labores permitiron observar que os produtos non alcanzaran órganos nas aplicacións anteriores. A situación xeral parece terse estabilizado, pero non se debe descoidar a vixilancia do viñedo, máis considerando que hai un alto nivel de inóculo acumulado nalgunhas parcelas e que as previsións meteorolóxicas continúan anunciando a permanencia de temperaturas nocturnas elevadas, ademais da posibilidade de tormentas locais a partir de metade de semana.
Estes días existe unha climatoloxía favorable ao Oidio, o que provocou que en plantas testemuña apareceran acios coa presenza moderada do micelio do fungo. Por isto recoméndase unha revisión exhaustiva, facer labores de desnetado e tratar en caso necesario.

En canto ás couces dos acios,  verificouse que a semana anterior produciuse un pico no voo de Lobesia botrana nas parcelas onde había máis capturas, pois o número de machos recolleito nas trampas reduciuse (nas demais leiras mantívose en cifras similares). Con todo, non se recomendou un tratamento debido a que non se observou máis que algunhas postas moi esporádicas, e ningunha penetración larvaria. Os técnicos da EFA lembran que é moi importante realizar estes controis aos acios antes de tomar unha decisión (algúns tratamentos son innecesarios) e consultar aos especialistas sobre a conveniencia de tratar ou non. Subliñan, así mesmo, que é moi importante ver o tipo de insecticida a utilizar: moitos dos rexistrados son ovicidas ou reguladores de crecemento, que por tanto deben ser aplicados no momento oportuno.
Sobre as afeccións de cicadélidos, dende Areeiro destacan que sigue a haber niveis moi baixos de capturas nas trampas, pero que é preciso incrementar a vixilancia posto que nas campañas anteriores as primeiras capturas corresponderon a finais de xullo e principios de agosto. Como punto a destacar os técnicos sinalan que, ante a información de que xa hai viticultores aplicando tratamentos fronte ao 'mosquito verde', é preciso aclarar que a sintomatoloxía causada por eles non é específica e pódese confundir con seca, deficiencias nutricionais, acidez, etc. Por iso, a pesar de que moitos argumentan que a causa do tratamento é que se ven síntomas nas plantas, é preciso asegurarse da exactitude da diagnose. A especie de cicadélido que si debe tratarse á detección é Scaphoideus titanus, pois é o vector da 'flavescencia dourada', grave patoloxía de corentena que xa foi detectada en zonas próximas de Portugal, pero non en Galicia

Finalmente, en canto á viña,  nesta semana incrementouse sensiblemente o número de brotes afectados de erinose de verán, que como sabemos non é necesario tratar. En canto ás demais especies de ácaros fitófagas, non se atoparon exemplares nas mostras recibidas ou nas recollidas nas parcelas propias, pero si varios individuos de ácaros útiles fitoseidos, que regulan naturalmente as poboacións dos fitófagos, polo que deben ser protexidos non realizando tratamentos innecesarios.

Maceiras

Na comarca de Pontevedra as capturas da couce da maceira mantéñense elevadas nalgunhas fincas, e tamén se viron novos síntomas na escasa froita que, en xeral, se observa nas árbores. É bo momento para instalar as bandas de cartón ondulado nos troncos das árbores.
Cítricos
En relación aos cítricos, durante estes días os técnicos de Areeiro recibiron un elevadísimo número de consultas sobre como intervir fronte á praga da ‘psila africana’ (Triozaerytreae), xa que é xeralizada a presenza de síntomas nos brotes xóvenes -con cifras elevadas de ninfas-, ademais de capturar numerosos adultos -500 ou 600 por trampa-. Debido a que nestes momentos é tamén frecuente a presenza de pulgóns e cochinilla, ademais do insecticida autorizado polo Ministerio para o control da psila africana (tiametoxan 25%), pode utilizarse calquera outro produto destinado ao control de insectos chupadores.
Froiteiras de óso      
Estanse a recibir na estación algunhas mostras de varias especies cerdeiras, ameixeiras e outras froiteiras de óso con síntomas evidentes de 'mal do chumbo', que é unha enfermidade vascular de difícil solución. Se afecta a poucas ramas da árbore deben eliminarse (e destruírse, nunca deixalas na parcela) neste período para reducir o nivel de inóculo. Ademais, os cortes de poda deben protexerse con 'mástic cicatrizantes' con funxicidas e as podas invernais deben realizarse en tempo seco, desinfectando sempre as tesoiras. A mesma recomendación é aplicable ás maceiras con ramas afectadas de cancro.
Froiteiras en xeral
Están a observarse nalgúns froiteiros danos por paxaros, por avespas, con raxados na pel, etc. Estes froitos deben ser eliminados, xa que poden ser fonte de infección por patóxenos oportunistas, máis considerando que a humidade é elevada en parte do día.

Pataca

Como era de esperar, nalgunas plantacións aínda en desenvolvemento que presentaban danos polo Mildeu  observáronse novos síntomas, polo que se debe renovar a protección salvo que se trate de patacas que xa se van a cultivar proximamente. En canto ao escaravello, nalgunhas plantacións continúan a observarse poboacións deste defoliador.

 

Piñeiro
Vense de iniciar o voo da procesionaria do piñeiro na comarca de Pontevedra, pois producíronse nesta semana as primeiras capturas nas trampas de feromonas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario