Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 11 de agosto de 2016

A XUNTA CONVOCOU XA AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN DE VIVENDAS NO MEDIO RURAL, EN CONXUNTOS HISTÓRICOS E NOS CAMIÑOS DE SANTIAGO POR IMPORTE DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS




O DOG publicou a resolución de axudas para restauración de vivendas



  • O Goberno galego convoca subvencións para accións de conservación en edificios residenciais, que os propietarios poderán solicitar ao longo dun prazo de un mes
  • O Executivo autonómico tamén publica no DOG a apertura do prazo para solicitar as axudas de rehabilitación para vivendas ubicadas nos Camiños de Santiago
  • O importe das subvencións será 700.000€ para actuación no ámbito rural e 800.000€ para o ámbito histórico
  • Estas axudas súmanse aos 12,7 millóns de euros destinados ás Áreas de Rehabilitación Integral e á Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago
  • Esta trátase da segunda convocatoria de ditas axudas no presente ano, posto que xa se realizou outra convocatoria no pasado mes de abril (DOG do 27 de abril de 2016)

 A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución de subvencións en materia de rehabilitación e reconstrución de inmobles nos Camiños de Santiago e de edificios e vivendas no ámbito rural 1,5 millóns de euros.

A Xunta publica hoxe no DOG a apertura do prazo para solicitar as axudas de rehabilitación e reconstrución para vivendas ubicadas nos Camiños de Santiago así como de edificios e vivendas no ámbito rural. A Resolución publicada abre o prazo para a solicitude das axudas, que se poderán presentar ata o 9 de setembro de 2016. No seguinte enlace pódese consultar información sobre esta orde: http://goo.gl/wQpe6M

O importe total desta convocatoria é de 1,5 millóns de euros dos cales 700.000 serán destinados a actuacións no ámbito rural e 800.000€ destinados a actuacións emprazadas nos Camiños de Santiago. Estas axudas poden acadar o 50% do orzamento total da resolución, non podendo superar o límite máximo de 6.600€ para actuación de remate de fachadas, cubertas e rehabilitación e 8.600€ para as actuacións de reconstrución.

As solicitudes realizaranse mediante a presentación do modelo adxunto na resolución do DOG e farase preferiblemente por vía electrónica a través da sede da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). A documentación complementaria poderase presentar tamén en papel utilizando para isto o formulario dispoñible na web.

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das actua­cións indicadas. Tamén poderán beneficiarse aquelas persoas que estando en posesión da cédula de rehabilitación de calidade, non solicitasen a subvención nos catro anos inmediatamente an­teriores á data en que presenten a súa solicitude de subvención ou que, téndoa presentado nese período, rematase o seu procedemento sen obter subvención por esgotamento do crédito establecido na convocatoria. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas que presentasen a solicitude na convocatoria de abril de 2016, salvo que desistisen da mesma.

As vivendas que se beneficien destas axudas estarán sendo destinadas a residencia habitual e permanente dos beneficiarios. No caso de ser vivendas destinadas ao alugueiro, deberán ter vixente o contrato de alugamento.

Esta trátase da segunda convocatoria de ditas axudas no presente ano, posto que xa se realizou outra convocatoria no pasado mes de abril (DOG do 27 de abril de 2016). Os fondos destinados a esta segunda convocatoria proceden do superávit de responsabilidade.

Outras axudas
Estas axudas súmanse aos 3,2 millóns de euros tamén destinados este ano á rehabilitación de vivendas na ARI dos Camiños de Santiago, que comprende 107 concellos das catro provincias galegas. Asemade, os convenios asinados en outubro de 2015 para o financiamento das Áreas de Rehabilitación Integral incluían axudas por importe de preto de 9,5 millóns de euros, que serán executadas ao longo de 2016. Cabe salientar que a meirande parte das ARI galegas corresponden con conxuntos históricos de vilas e cidades

No hay comentarios:

Publicar un comentario