Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 1 de agosto de 2016

A XUNTA E ENCE ASINAN O CONVENIO DE COLABORACIÓN QUE PERMITIRÁ DESENVOLVER OS COMPROMISOS RECOLLIDOS NO PACTO AMBIENTAL






§         O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato; e o conselleiro delegado de ENCE, Ignacio de Colmenares y Brunet presentaron hoxe en rolda de prensa os contidos do acordo
§         Este documento, no que se detallan especialmente tres actuacións: o financiamento da EDAR de Praceres; a dotación orzamentaria para a sede do centro de investigación; e a elaboración dun ‘Programa Marco’ de actuacións de carácter social e ambiental, asínase só un mes despois de ratificar o Pacto ambiental
§         Segundo se consigna no convenio, a depuradora de Praceres contará cun investimento de ata 15 millóns de euros, que se sumarán aos 48 millóns xa previstos pola Xunta no Plan de saneamento local da ría
§         Así mesmo recolle o compromiso de dotar a Pontevedra dunha sede de I+D, para o que se propón o Pazo de Lourizán
§         O convenio xa recolle nominalmente dous dos proxectos do ‘Programa Marco’: o ‘Talento’ e o ‘Emprende Boa Vila’

A Xunta de Galicia vén de asinar con Ence o convenio de colaboración que permitirá desenvolver os compromisos recollidos no Pacto Ambiental, que se ratificou hai só un mes. Con este novo paso, dótase de seguridade xurídica ao Pacto e permítese que as actuacións poidan comezar a executarse.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato; e o conselleiro delegado de ENCE, Ignacio de Colmenares y Brunet presentaron hoxe en Pontevedra os contidos deste acordo, que inclúe fundamentalmente tres actuacións: o financiamento da EDAR de Praceres, a dotación dunha sede para o centro de investigación e desenvolvemento, e a elaboración dun Programa Marco para poñer en marcha actuacións de carácter social e ambiental.

En canto á ampliación e modernización de Praceres para incrementar a súa eficacia e eficiencia, o convenio recolle a achega de 15 millóns que ENCE xa tiña comprometido. Deste xeito, esta renovada EDAR vaise converter nun dos investimentos máis importantes do Plan de saneamento local da Ría de Pontevedra, no que xa se está traballando, e que conta cun orzamento de 48 millóns ata 2021, aos que agora se engaden estes 15 millóns.

O segundo punto fundamental refírese á posta a disposición dunha sede para o novo centro de investigación e desenvolvemento especializado na explotación sostible de recursos forestais. Esta iniciativa, para a que se establece un investimento de 5 millóns de euros, vai situar a Pontevedra á vangarda da investigación do aproveitamento sostible deste tipo de recursos.

Como sede deste novo centro de I+D, proponse rehabilitar o Pazo de Lourizán. En calquera caso, no documento asinado hoxe especifícanse outras dúas posibilidades: rehabilitar un edificio equivalente ou a construción dunha sede de nova planta.

Programa Marco
Xa por último, o convenio detalla as condicións do Programa Marco para a posta en marcha de actuacións de carácter social e ambiental, unha iniciativa dotada con 3 millóns de euros. Con este investimento, desenvolveranse accións baseadas en valores como a sustentabilidade, a eficiencia enerxética, a igualdade de oportunidades, a formación para o emprego, o emprendemento ou a investigación.

O documento recolle nominalmente dous destes proxectos: o programa Talento, que disporá de 215.000 euros ata 2019 e que buscará descubrir e fomentar novos talentos na zona; e o Emprende Boa Vila para o impulso de iniciativas emprendedoras, ás que destinará 150.000 euros.

De todos os xeitos, unha comisión de seguimento encargarase de velar polo cumprimento do convenio e decidirá cales son as actuacións ás que se destinarán estes 3 millóns do Programa Marco.

Así mesmo, a maiores dos investimentos xa sinalados, o convenio tamén recolle un orzamento dun millóns de euros para a construción dun campo de fútbol no entorno de Lourizán.

En definitiva, o  acordo asinado hoxe constitúe unha folla de ruta con compromisos e orzamentos concretos, que van contribuír ao desenvolvemento económico e social da comarca da Pontevedra.

Pacto Ambiental
O convenio desenvolve varios puntos fundamentais do Pacto ambiental ratificado o mes pasado, que compromete 200 millóns para os próximos catro anos para beneficiar especialmente a Pontevedra e á súa comarca, pero tamén a outros puntos de Galicia.

No acordo asinado hoxe non se inclúen compromisos que si figuraban no Pacto. Estes compromisos mantéñense e vanse levar a cabo, pero non precisan desta fórmula xurídica para formalizarse, como poden ser os 30 millóns de investimento para mellorar a eficiencia do complexo industrial; ou a construción e posta en marcha dun novo centro de coxeneración de biomasa, así como de tres novos centros de bioenerxía en distintos puntos de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario