Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 29 de septiembre de 2016

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE PRINCIPIA A CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE NAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS CUN CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN DA MOCIDADE



  • No pasado curso académico, a participación do colectivo universitario descendeu un 9,8%, situándose nas 4.871 doazóns obtidas nos sete campus
  • O colectivo universitario aporta o 3,4% do total de doazóns anuais en Galicia

A primeira fase da campaña de doazón de sangue nas Universidades galegas comeza esta semana co obxectivo de superar as 4.871 doazóns  rexistradas no pasado curso académico. Esta campaña de doazón desenvolvida polo Centro de Transfusión da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) abrangue a centros docentes dos sete campus galegos e supuxo, no pasado exercicio o 3,4% do total de doazóns rexistradas en Galicia.

Non obstante, no pasado curso, rexistrouse un descenso do 9,8% con respecto ao ano académico 2014-2015. Esta tendencia á diminución da participación do colectivo universitario evidenciase no descenso do 31,6% acumulado dende o curso 2010-2011.


CAMPUS
CURSO
2014-2015
CURSO
2015-2016
A CORUÑA
1.384
1.236
FERROL
173
174
LUGO
435
432
SANTIAGO
1.717
1.499
OURENSE
345
315
PONTEVEDRA
315
287
VIGO
979
928
TOTAL
UNIVERSIDADE
5.348
4.871


O descenso no volume de alumnado matriculado afecta de xeito ostensible ao número de doazóns recollidas nas campañas de doazón de sangue nos sete campus galegos e xustifica o chamamento á activa participación que está a facer a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, tentando revitalizar a colaboración de todos os membros da comunidade universitaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario