Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 12 de septiembre de 2016

A DEPUTACIÓN ADXUDICA AS MÁIS DE 18.000 PRAZAS DO PROGRAMA “EN RUTA COA DEPO”



O programa ofrece alternativas de lecer dinámico e saudable á vez que fomenta a igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación de máis de 18.000 (18.676) prazas do programa “En ruta coa Depo” elaborado polo servizo de Cohesión Social e Xuventude da institución provincial, despois de que o pasado 22 de agosto rematase o período de inscrición no mesmo.

O programa puido superar a oferta de prazas recollida nas bases (18.346) debido a que o prezo de adxudicación foi menor do inicialmente previsto. Estas máis de 18.000 prazas se corresponden con 301 solicitudes e outras 68 (con 4.072 prazas) permanecerán á espera de posibles renuncias ou outras circunstancias, posto que o máximo de prazas ofertadas se situou finalmente nas 18.705. “En ruta coa Depo” conta, ademais, cun orzamento de 238.500 €.

“En ruta coa Depo” ten como finalidade mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra a través da promoción da igualdade de oportunidades para os colectivos con diversidade funcional, ofrecendo alternativas de ocio e tempo de lecer dinámico e saudable á poboación xuvenil da provincia así como o asociacionismo xuvenil e, ademais, promovendo rutas destinadas ás entidades de nais e pais que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias nas que participen activamente as nenas e nenos.

Este programa, ao que se puideron presentar todas as entidades sociais da provincia de Pontevedra, consiste na creación de rutas específicas que consigan crear espazos lúdicos onde nais e pais e titoras ou titores, entre outras persoas, poidan gozar cos nenos e nenas dun ocio común, san, alternativo e divertido, que á súa vez faga doada a conciliación familiar e laboral durante as fins de semana ou estancias estivais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario