Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 11 de septiembre de 2016

A XUNTA E A VALEDORA DO POBO AMPLÍAN A COLABORACIÓN FRONTE AOS DESAFIUZAMENTOS PARA REFORZAR A ATENCIÓN ÁS FAMILIAS EN RISCO DE DESALOXO POR IMPAGO DO ALUGUEIRO




Ethel Vázquez e Milagros Otero asinaron hoxe un novo convenio destinado a priorizar a atención por parte do Goberno galego ás persoas que acudan á Valedora do Pobo por problemas relacionados co dereito á vivenda

 §         A conselleira salienta a importancia de establecer unha canle de comunicación directa coa Valedora do Pobo para “garantir unha resposta áxil e proporcionarlles a aquelas persoas que teñen dificultades solución rápidas e eficaces”

A Xunta e a Valedora do Pobo ampliarán a súa colaboración fronte aos desafiuzamentos co obxectivo de reforzar a atención ás familias que afrontan un risco de desaloxo da súa vivenda habitual por non pode pagar o alugueiro. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, e a Valedora do Pobo, Milagros Otero, asinaron hoxe un novo convenio priorizar a atención por parte do Goberno galego ás persoas que acudan a esta institución por problemas relacionados co dereito á vivenda.

En virtude deste acordo, a Xunta recibirá información directa e prioritaria sobre aqueles procedementos de desafiuzamentos por execución hipotecaria e que teñen que ver coa falta de pago das rendas do aluguer dos que teña constancia a Valedora do Pobo. O convenio dá continuidade ao marco de colaboración que veñen mantendo ambas institucións desde maio do ano pasado, co que a Valedora facilitaba información sobre os diferentes casos que lle chegan de afectados por execucións hipotecarias.

Ethel Vázquez remarcou que “o convenio que hoxe firmamos consolida este maior ámbito da colaboración e de movemento de información para os supostos de impago de renda de aluguer” e puxo o acento na importancia de establecer unha “canle de comunicación directa” entre a Xunta e a Valedora do Pobo para garantir “unha resposta áxil e proporcionarlles a aquelas persoas que teñen dificultades solucións rápidas e eficaces” en relación coa vivenda.

Segundo sinalou, para o Goberno galego, esta é unha materia “absolutamente prioritaria”, xa que é imprescindible garantir o dereito constitucional á vivenda e ofrecer solucións a aquelas persoas e familias que poidan estar en risco de perder o seu fogar.

O acordo que se renovou hoxe garante para os afectados a mellor atención e información sobre os seus dereitos e sobre as medidas postas en marcha pola Xunta ás que poden acollerse como o conxunto de 12 programas e actuacións do Goberno galego destinados a atallar os desafiuzamentos e a apoiar ás persoas en risco de exclusión residencial.

Vázquez Mourelle destacou que o Executivo autonómico “pretende, sobre todo, dar unha resposta áxil, proporcionar a aquelas persoas que teñen dificultades solucións rápidas e eficaces ás súas necesidades de vivenda, para isto, a Valedora do Pobo comprométese a trasladarnos a información da que dispón correspondente a consultas que teña recibido nesta materia”.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda destacou que “a Xunta examinará os datos ofrecidos para dirixirnos ás familias afectadas co fin de atendelas de xeito inmediato e ofrecerlle a posibilidade de acollerse a aquelas medidas que resulten máis axeitadas a cada caso

En definitiva, Xunta e Valedora do Pobo ratificamos a nosa aposta e a nosa vontade de seguir traballando conxuntamente na loita contra os desafiuzamentos; para evitar que en Galicia haxa familias que poidan quedar sen fogar por motivos económicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario