Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 6 de septiembre de 2016

A Xunta realiza obras de mantemento e melloras no centros de saúde de Barro. Os centros de Atención Primaria póñense a punto



O Servizo Galego de Saúde (SERGAS), a través do seu Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, executa un plan de reformas e melloras en 22 centros de Atención Primaria repartidos por esta zona.
No centro de saúde de Baltar-Sanxenxo están a realizarse tarefas de carpintería exterior, acometida de auga, pintura e substitución de portas; en Caldas de Reis, melloras na sala de caldeiras, nos desaugadoiros e na porta do Punto de Atención Continuada; no Grove está a substituírse a caldeira de auga quente e tamén se está pintando e reformando a área do Punto de Atención Continuada e en Ponte Caldelas realízanse traballos de pintura, arranxo do chan e substitución de portas.
No centro de saúde de Seixo en Marín leváronse a cabo tarefas de pintura, saneamento e reforma da fachada. En Tenorio-Cotobade labores de saneamento. No centro de saúde de San Roque en Vilagarcía está a pintarse e levan a cabo reparacións de fontanería e rehabilitación de consultas e do PAC. Tamén se realizan obras de mantemento e melloras nos centros de saúde de Barro, Cambados, Campolameiro, Cuntis, Meis, Raxó, Toural-Vilaboa e Vilanova de Arousa.
En Pontevedra, o centro de saúde de Lérez están a arranxarse as deficiencias na fachada e na cobertura; no de Monte Porreiro está a arranxarse a entrada ao edificio mentres que no Virxe Peregrina realízanse tamén obras de pintura, arranxo de chans e substitución de portas.
Este plan de reformas conta cunha dotación económica de 198.500 euros para os centros de Pontevedra e do Salnés.

http://pontevedraviva.com/xeral/30417/centros-atencion-primaria-obras-reformas-pontevedra/

No hay comentarios:

Publicar un comentario