Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 9 de octubre de 2016

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE PON EN VALOR A COLABORACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA NA PROMOCIÓN DOS DISTINTOS TIPOS DE DOAZÓN



  • O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acolleu esta maña a inauguración da exposición itinerante de debuxos premiados no V Concurso de debuxo e lemas vencellados á doazón de órganos, sangue e aos transplantes

A necesidade de promover iniciativas conxuntas procedentes do ámbito sanitario e educativo para fomentar unha cultura solidaria proclive á doazón, púxose de manifesto esta maña no transcurso da inauguración da exposición itinerante de debuxos premiados no V Concurso de debuxo e lemas vencellados á doazón de sangue e aos transplantes, que tivo lugar no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acolle esta exposición que recopila os debuxos realizados polos 323 estudantes procedentes dos 16 centros académicos galegos que tomaron parte neste certame. O acto inaugural contou coa presenza do xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial Bernárdez; a directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), Marisa García López, e o responsable da Oficina de Coordinación de Transplantes, Jacinto Sánchez Ibañez.

Así mesmo, as dúas gañadoras na categoría de Educación Secundaria, Laura Piñeiro Abalde e Ana Cabreira Sánchez, ambas alumnas do IES Carlos Casares de Vigo, centro especialmente sensibilizado coa solidario xesto da doazón e que promove a implicación dos seus estudantes en iniciativas destinadas a fomentar a información dos máis novos en torno
a este xesto altruísta, asistiron a este acto inaugural, no que tamén estiveron presentes o presidente da Asociación de Doadores e Receptores de Órganos de Vigo (ADROVI), Celso García, e o presidente da Irmandade de Doadores de Sangue de Vigo, Manuel Fonseca.

Participación en Vigo
No transcurso da inauguración, as autoridades sanitarias quixeron por de manifesto a excelente evolución dos transplantes en Galicia, salientando que, na actualidade, Vigo é a cidade galega con maior número de doadores, un total de 25 no que levamos de exercicio.

Ademais, salientaron a necesidade de fomentar os distintos xeitos existentes de doazón en todos os ámbitos pero, moi especialmente, no educativo xa que os máis novos se atopan nunha idade moi receptiva e poden converterse en transmisores desta información no seu ámbito familiar e social.

No hay comentarios:

Publicar un comentario