Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 18 de octubre de 2016

Buscan un veciño de Barro desaparecido desde a tarde do domingo



Os familiares do veciño de Barro Luís Ch.T., de 40 anos, denunciaron nas últimas horas a súa desaparición desde a tarde deste domingo. Segundo relataron, non saben nada del desde as 18.30 horas, de modo que se estableceu un operativo de procura para tentar dar co seu paradoiro.
A familia formalizou a denuncia na noite deste domingo no cuartel da Garda Civil de Caldas de Reis e a media tarde deste luns aínda non regresara á súa casa do lugar de Agudelo.
Segundo relataron os familiares, o home desaparecido ten unha discapacidade intelectual, de modo que a súa desaparición trátase como un caso de especial risco, o mesmo que se dá aos casos de menores. Ademais, deuse a coñecer que precisa medicación.
O home foi visto por última vez cando ía a pé por Barro e barállase que puidese dirixirse a Pontevedra tanto camiñando como en autobús, de modo que a Garda Civil puxo a desaparición en coñecemento de todas as Forzas de Seguridade doutras localidades, tanto patrullas do Instituto Armado como da Policía Nacional.
Luis Ch.T. ten o pelo rapado e no momento da súa desaparición vestía pantalón vaqueiro e chaqueta negra e levaba gafas de sol.
Calquera persoa que teña datos sobre o seu paradoiro pode poñerse en contacto coa Garda Civil no número 062. Tamén colabora no operativo de búsqueda Protección Civil de Barro e están a difundir o cartaz coa súa foto outras agrupacións de voluntarios da contorna.




http://pontevedraviva.com/xeral/31511/guardia-civil-buscan-vecino-barro-desaparecido-tarde-domingo/

No hay comentarios:

Publicar un comentario