Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

miércoles, 19 de octubre de 2016

O IES DE BARRO E 76 CENTROS EDUCATIVOS PONTEVEDRESES DESENVOLVERÁN PLANS PROPIOS DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO



§         Incorpóranse este ano ao programa, que xa desenvolven 79 centros da provincia
§         Centraranse en actualizar e perfeccionar as competencias profesionais dos docentes co fin de mellorar a calidade da educación e os resultados escolares do alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar a resolución da convocatoria de plans de formación  permanente do profesorado (PFPP) que se van implantar en centros educativos públicos durante o curso 2016/2017, segundo o cal desenvolverán iniciativas propias neste sentido un total de 77 centros da provincia de Pontevedra. Trátase dos centros que se incorporan este curso á iniciativa, que xa desenvolven outros 79 da provincia pontevedresa.

A Consellería prestará o seu apoio económico e humano a estes plans de formación a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e dos centros de formación e recursos (CFR). O obxectivo destes tipo de formación é que cada centro desenvolva actividades centradas nas súas necesidades, ao tempo que se propicia unha organización escolar que favoreza a transformación dos centros en organizacións capaces de aprender e xerar coñecementos. Os plans centraranse en actualizar e perfeccionar as competencias profesionais dos docentes co fin de mellorar a calidade da educación e os resultados escolares do alumnado.

Na convocatoria actual a liña de traballo prioritaria dos plans de formación é a programación, avaliación e metodoloxías que favorecen a adquisición das competencias clave segundo os novos currículos. Ademais, os plans de formación poderán tratar unha das seguintes liñas: ‘Planificación estratéxica das linguas no centro’; ‘Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital’; ‘Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados’; ‘Convivencia escolar e clima da aula. Relacións coas familias’; ‘Actualización científica e didáctica do profesorado’; ‘Mellora da xestión dos centros (con especial atención á xestión directiva) e dos procesos de calidade’; ‘Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento’; e ‘Biblioteca escolar, alfabetizacións múltiples e aprendizaxe por proxectos’.

Os centros que desenvolverán estas iniciativas serán o CPI da Cañiza, o CEP de Sabarís (Baiona), o CEIP Amor Ruibal (Barro), o IES de Barro, o IES Illa de Ons            (Bueu), o CEIP da Torre-Cela (Bueu), o CPI Alfonso VII (Caldas de Reis), o CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados), o IES Ramón Cabanillas (Cambados), o CEIP A Rúa (Cangas), o CEIP de Castrillón-Coiro (Cangas), o CEIP Nazaret (Cangas), o IES Monte Carrasco (Cangas), o CPI do Progreso (Catoira), o CEIP Souto-Donas (Gondomar), o IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar), o CEIP Varela Buxán            (Lalín), o IES Mestre Landín (Marín), o CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas, o CEIP de Coirón-Dena (Meaño), o CEIP de Abelendo (Moaña), o CEIP A Guía (Moaña), o CPI Santa Lucía (Moraña), o CEIP Mestre Martínez Alonso (Mos), o CEIP de Atín-Cela (Mos), o CEIP Mallón (Nigrán), o IES Val Miñor            (Nigrán), o CEIP de Lourido (Poio), o CEIP de Viñas  (Poio), o CEIP Plurilingüe A Reigosa (Ponte Caldelas), o CEIP de Santiago de Oliveira (Ponteareas), o CRA A Picaraña (Ponteareas), o IES Valle-Inclán            (Pontevedra), o CEP Marcos da Portela (Pontevedra), o
CEIP Praza de Barcelos (Pontevedra), o CEIP San Martiño (Pontevedra), o CMUS Profesional Manuel Quiroga (Pontevedra), o IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra), o IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra), o CEIP Príncipe Felipe (Pontevedra), o  CEIP Xunqueira N.º 1 (Pontevedra), o CEIP Plurilingüe de Igrexa-Chapela (Redondela), o CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón (Salvaterra de Miño), IES de Salvaterra de Miño, o CEIP Plurilingüe A Florida            (Sanxenxo), o CEIP de Silleda, o CEIP de Tebra (Tomiño), o  CEP Pedro Caselles Beltrán (Tomiño), o CEIP Randufe (Tui), o CEIP Plurilingüe de Guillarei (Tui), o CRA Mestra Clara Torres (Tui), o IES Santa Irene (Vigo), o CIFP Valentín Paz Andrade            (Vigo), o CEIP Seis do Nadal (Vigo), o CEIP Plurilingüe Igrexa-Valadares (Vigo), o CEIP Balaídos (Vigo), o CEIP Vicente Risco (Vigo), o IES de Teis (Vigo), o IES Valadares (Vigo), o CEIP Eduardo Pondal (Vigo), o IES Álvaro Cunqueiro (Vigo), o IES Audiovisual de Vigo, a EOI de Vigo, a EEI Vila Laura (Vigo), o CEE Saladino Cortizo (Vigo), a EEI Monte do Alba (Vigo), o IES República Oriental do Uruguai (Vigo), o CEIP de Fonte Escura (Vigo), o CIFP Manuel Antonio (Vigo), a Escola Superior de Arte Dramática (Vigo), o CEIP Virxe do Rocío (Vigo), o CEIP O Piñeiriño (Vilagarcía de Arousa), o IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa), o IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa), a EOI Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa), o CEIP de San Bartolomé (Vilanova de Arousa) e o CEIP de Sestelo – Baión (Vilanova de Arousa).

No hay comentarios:

Publicar un comentario