Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 27 de noviembre de 2016

A XUNTA TRASLADA A ELNOSA QUE INICIARÁ O PROCEDEMENTO PARA RENOVAR A SÚA AUTORIZACIÓN AMBIENTAL





§         O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato; e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiveron sendas xuntanzas con representantes da electroquímica e do seu comité de empresa
§         A empresa vén de comunicar ao Goberno galego a súa intención de permanecer en Pontevedra e de adaptarse ás esixencias europeas de abandonar definitivamente o emprego de mercurio
§         Esta nova tramitación será tamén comunicada agora ao concello de Pontevedra

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio iniciará o procedemento de revisión da autorización ambiental integrada de Elnosa, tras manifestar a electroquímica a súa intención de adaptarse ás esixencias europeas e abandonar definitivamente o emprego de mercurio na produción de cloro na súa instalacións de Lourizán, no concello de Pontevedra.

Este foi un dos principais asuntos que se tratou nas dúas xuntanzas mantidas con representantes da electroquímica e do seu comité de empresa. Nos encontros tomaron parte o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e os titulares de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato; e de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. A Xunta tamén comunicará agora ao concello de Pontevedra o comezo deste novo procedemento de revisión da autorización ambiental.

Actualmente, Electroquímica del Noroeste é titular dunha autorización ambiental integrada que terá que ser revisada antes de decembro de 2017, segundo a data límite establecida por Europa para a adaptación deste tipo de instalacións aos requirimentos da Comisión Europea de cara a produción de cloro-álcali.

Co fin de adaptarse aos requirimentos europeos, Elnosa realizará un importante investimento que permita  a produción de cloro-álcali mediante unha tecnoloxía respectuosa co medio, denominada tecnoloxía de membrana, que substituirá o  actual sistema de fabricación, baseado no emprego de celas de mercurio. A transformación implicará, ademais, a retirada da totalidade do mercurio actualmente existente no complexo fabril de Lourizán.

A tecnoloxía de membrana na produción de cloro está considerada como a mellor tecnoloxía dispoñible pola Unión Europea, sendo obrigatorio o seu emprego en todas as fábricas europeas a partires  de decembro do próximo ano.

Tendo en conta a complexidade técnica e administrativa que require este importante cambio tecnolóxico, e dado que a actual técnica de fabricación de cloro ten fixada unha data límite, a empresa ten previsto que o proxecto de transformación pase por unha fase intermedia na que unicamente se fabrique hipoclorito sódico, produto que non precisa o emprego de mercurio no seu proceso de fabricación.

A empresa trasladou á Xunta o seu interese en permanecer en Pontevedra coas máximas garantías medio ambientas e mantendo a súa actividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario