Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 1 de noviembre de 2016

O 2000€ PARA BARRO. PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CHEGA ESTE CURSO A 17 NOVOS CENTROS DE PONTEVEDRA







§          
§         A iniciativa esténdese a un total de 615 centros sostidos con fondos públicos

§         A Consellería financia, con máis de 1,2 millóns de euros, a adquisición de novos fondos documentais, a dotación de mobiliario e equipamento e gastos de funcionamento destes espazos de lectura e de traballo coa información

O Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) en centros non universitarios sostidos con fondos públicos chegará este curso 2016/17 a un total de 615 centros. Así se desprende da resolución da convocatoria deste ano, na que se amplía a lista con 48 novas incorporacións, 38 centros públicos e, os outros 10, concertados. De feito, esta é unha das novidades da convocatoria, posto que por primeira vez, o PLAMBE tamén estará presente nos centros con concerto educativo.

A iniciativa, que pode consultarse na web da Consellería, no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20161026_resolucion_bibliotecas.pdf, esténdese este curso a 17 novos centros da provincia de Pontevedra. En concreto, trátanse do IES Chano Piñeiro de Forcarei, do CEIP Valle-Inclán do Grove, do CRA de Meis, do CEIP de Reibón de Moaña, do CEIP Humberto Juanes de Nigrán, do CEIP Plurilingüe de Chancelas de Poio, do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño, do CEIP de Randufe de Tui, do CEIP García Barbón de Vigo, do CEIP O Sello de Vigo, do CEIP Plurilingüe Sobreira-Valadares de Vigo, do CEIP Santa Mariña de Vigo, do IES Valadares de Vigo e do CEIP de Viñagrande-Deiro de Vilanova de Arousa. Tamén se suman a esta iniciativa o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra, o CPR Santo Tomás do Porriño e o CPR Plurilingüe María Auxiliadora de Vigo.     

Ao abeiro do PLAMBE, a Consellería de Cultura e Educación financia, con máis de 1,2 millóns de euros, a adquisición de novos fondos documentais, a dotación de mobiliario e equipamento e gastos de funcionamento destes espazos. De feito, no caso dos centros de nova incorporación, as axudas irán destinadas precisamente a estes eidos.

Por outro lado, con respecto aos centros integrados no programa con anterioridade ao ano 2014, estes recibirán asignacións para a incorporación de novos fondos á colección da biblioteca; mentres que os centros que se sumaron na convocatoria do ano pasado poderán recibir, a maiores, financiamento para adquisición de mobiliario e dotación ou renovación de equipamentos básicos, así como para gastos de funcionamento específicos.

Mellora da calidade nos procesos de aprendizaxe e ensino
Con esta iniciativa, a Consellería de Cultura e Educación reafirma a súa aposta pola mellora e modernización do sistema educativo a través da biblioteca escolar entendida como un elemento estratéxico de innovación pedagóxica. Unha biblioteca escolar activa e renovada contribúe a ampliar a calidade dos procesos de aprendizaxe e de ensino e resulta un instrumento importante tanto para o profesorado como para o alumnado na consecución do éxito escolar.

A este obxectivo responde o PLAMBE, enmarcado no Plan LÍA de bibliotecas escolares para a lectura, a información e a aprendizaxe (actualmente estase desenvolvendo a segunda fase deste plan), xa que busca poñer en valor a importancia da biblioteca escolar dentro dos centros de ensino, posto que se trata de espazos onde o alumnado consolida o seu hábito lector ao mesmo tempo que adquire outras competencias clave. Tamén serven de canle para a integración das tecnoloxías da información e da comunicación nos diferentes centros, ofrecendo a posibilidade dun acceso igualitario aos bens culturais; e favorecen a alfabetización múltiple, entendida como a “comprensión, utilización e avaliación crítica de diferentes formas de información, incluídos os textos e imaxes, escritos, impresos ou en versión electrónica”, segundo o establecido no documento do Consello da Unión Europea do 26 de novembro de 2012.  

Datos de resultado
Segundo as cifras do curso 2015/2016, no 94% dos centros PLAMBE, o alumnado fai uso cotián da biblioteca para potenciar a súa aprendizaxe. Ademais, no 93% están integradas as TICs nas diferentes actividades, no 86% dedícase un tempo específico para a lectura en horario lectivo (denominado ‘hora de ler’) e no 80% promóvense proxectos de innovación educativa.   

A maiores, estes espazos fomentan a implicación das familias. De feito, o 47% das bibliotecas con PLAMBE organizan actividades destinadas especificamente ás familias do alumnado, mentres no 58%, os familiares colaboran directamente en iniciativas da propia biblioteca. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario