Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

jueves, 1 de diciembre de 2016

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE ACTIVA A CAMPAÑA PARA AUMENTAR A PARTICIPACIÓN CIDADÁN ANTES DA PONTE FESTIVA DO MES DE DECEMBRO



  • Cada día precísanse 500 doazóns de sangue diarias para abastecer axeitadamente aos centros hospitalarios galegos, cifra que non diminúe nestas datas

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) activa hoxe a campaña de doazón destinada a incentivar a participación dos cidadáns antes dos festivos do mes de decembro. Nestas datas o obxectivo pasa por acadar unha media de 500 doazóns de sangue diarias e incrementar a colaboración dos cidadáns, especialmente, daqueles que son  Cero Positivo e B Negativo, xa que son estes dous grupos sanguíneos son os que, neste momento, presentan os niveis máis baixos.

Non obstante, ADOS lembra que todos os grupos sanguíneos son primordiais, xa que todos son imposibles de obter de xeito artificial. Ademais, os períodos vacacionais como o Nadal ou as pontes festivas soen coincidir cun incremento na demanda de compoñentes sanguíneos, aínda que a participación dos cidadáns nas campañas de doazón pode verse afectada pola deslocalización dos doadores e doadoras habituais.

Desprazamentos
As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, visitarán ata o vindeiro 10 de decembro, máis de 40 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos.

ADOS agarda, nesta oportunidade, contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos:

DATA
CONCELLOS
Xoves 1 decembro
As Pontes, Arteixo, A Picota (Mazaricos), Campus Elviña (A Coruña), Praza de Galicia (Santiago), Praza Maior (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense), Moaña, Caldas de Reis e Barrio de Teis (Vigo)
Venres 2 de decembro
Arteixo, Betanzos, Cedeira, Portosín (Porto do Son), Ribeira, Ribadeo, Verín, Cangas do Morrazo, Lalín e Zona As Travesas (Vigo)
Sábado 3 de decembro
Betanzos, Centro Comercial Odeón (Narón), Ribeira, Ribadeo, Cangas do Morrazo e Lalín
Luns 5 de decembro
Carballo, Barrio Esteiro (Ferrol), Fisterra, Porto do Son, Praza Roja (Santiago), Foz, Barrio Mariñamansa (Ourense), Bueu, Pontecesures e Vilanova de Arousa
Mércores 7 de decembro
Carballo, Oroso (Sigüeiro), Pontedeume, Sada, Praza Roja (Santiago), Viveiro, A Valenzá (Barbadás), A Cañiza, Zona Coia (Vigo) e Vilagarcía

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos puntos fixos de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

LUGAR
HORARIO
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE (Santiago)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo)
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE  OURENSE (Ourense)
Luns das 08.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.es, as súas páxinas nas principais redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

No hay comentarios:

Publicar un comentario