Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

viernes, 9 de diciembre de 2016

A REDE CEMIT CONECTARÁ A MAIS DE 1.600 NENOS E NENAS DE TODA GALICIA CON PAPÁ NOEL A TRAVÉS DE VIDEOCONFERENCIA





§      Alumnado de entre 3 e 7 anos de 31 concellos das catro provincias participarán nesta actividade entre os días 12 e 21 de decembro
§      Por noveno ano consecutivo a Rede CeMIT dará soporte técnico á conexión con Laponia

Máis de 1.600  alumnos de educación infantil de 31 concellos poderán realizar, entre os días 12 e 21 de decembro, as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.

Os escolares de Educación Infantil de Arzúa, Bande, Betanzos, Ferrol e As Pontes serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o luns 12 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada aula.

Por toda Galicia
Nos seguintes días, ata o 21 de decembro inclusive, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de  Abegondo, Barreiros, Beariz,  Cañiza, Carballedo, Castro Caldelas, Catoira, Celanova, Cerceda, Fisterra, A Fonsagrada, Marín, Muros, Narón, Ourense, Ortigueira, Oroso, Quiroga, Ribeira, Santa Comba, Sarreaus, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar as 31 localidades que recibirán a visita virtual do noso Papá Noel. *

Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado do Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos e as persoas con trastorno do espectro autista da Asociación Bata de Vilagarcía de Arousa

O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu 9º aniversario e que conta cun gran interese e aceptación entre a comunidade educativa, será o de establecer unha comunicación fluída entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poderán falar e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa.

Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.

A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en:

*Xúntase cadro cos horarios de conexión de cada aula



LUNS
12 DECEMBRO

10:00
BETANZOS
Pai Menni
10:30
ARZÚA
CEIP Arzúa
11:00
FERROL
Ludy S.G.C.
11:30
BANDE
Escola infantil/CEIP Xoaquin Lourenzo
12:00
PONTES, AS
CEIP Santa María
13:00
PONTES, AS
CEIP Santa María




MARTES
13 DECEMBRO

10:00
NARÓN
CPR JORGE JUAN
10:30
VICEDO, O
CEIP Vicedo
11:00
ARZÚA
CPR Nosa Señora do Rosario
11:30
VICEDO, O
CEIP Vicedo
12:00
FONSAGRADA, A
CEIP Santa María  / Escola Infantil "A Galiña Azul"




MÉRCORES
14 DECEMBRO

10:00
RIBEIRA
Galaxia
10:30
RIBEIRA
Galaxia
11:00
CELANOVA
Colexio Sagrado Corazón
11:30
BANDE
Escola infantil/CEIP Xoaquin Lourenzo
12:00
OURENSE
San Pio X
12:30
OROSO
 CEIP do Camiño Inglés
13:00
OROSO
 CEIP do Camiño Inglés










XOVES
15 DECEMBRO

10:00
VALGA
CRA DE VALGA
10:30
XUNQUEIRA DE AMBÍA
colegio padre crespo
11:00
ORTIGUEIRA
Ceip José Mª Lage
11:30
CELANOVA
Colexio Curros Enríquez
12:00
ORTIGUEIRA
Ceip José Mª Lage
12:30
VALGA
CRA DE VALGA














VENRES
16 DECEMBRO

10:00
CAÑIZA, A
CPI DA CAÑIZA
10:30
BARREIROS
C.E.I.P. San Miguel
11:00
CAÑIZA, A
CEIP DE VALEIXE
11:30
BETANZOS
Guarderia Municipal de Betanzos
12:00
SARREAUS
CEIP de Sarreaus
12:30
SANTA COMBA
CEIP Pepe de Xan Baña



LUNS
19 DECEMBRO

10:00
MUROS
EEI de Muros
10:30
ABEGONDO
CEIP San Marcos
11:00
FISTERRA
Mar de Fora e Colexio Sardiñeiro
11:30
VIMIANZO
CEIP SAN VICENZO DE VIMIANZO
12:00
FISTERRA
Colexio Nosa Señora do Carme
12:30
VIMIANZO
CEIP SAN VICENZO DE VIMIANZO
13:00
BEARIZ
C.E.I.P. Beariz
















MARTES
20 DECEMBRO

10:00
NARÓN
CEIP PONTE DE XUVIA
10:30
CATOIRA
CPI Progreso
11:00
CERCEDA
CPI O Cruce
11:30
CARBALLEDO
A Barrela
12:00
BARREIROS
C.E.I.P. San Cosme
12:30
CERCEDA
CPI O Cruce
13:00
CARBALLEDO
A Barrela







MÉRCORES
21 DECEMBRO

10:00
VILAGARCÍA
Vagalume
10:30
MARÍN
San Narciso
11:00
QUIROGA
CEIP DE QUIROGA
11:30
CASTRO CALDELAS
Colexio Nuestra Señoa de los Remedios
12:00
VILAGARCÍA
Bata (Asociación de Autismo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario