Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

domingo, 11 de diciembre de 2016

A XUNTA CONVOCA PARA O 23 DE DECEMBRO AOS TITULARES DE TERREOS AFECTADOS POLA MELLORA DO ACCESO AO POLÍGONO DE SEQUEIROS, NA ESTRADA PO-531, EN BARRO, PARA O LEVANTAMENTO DE ACTAS PREVIAS Á OCUPACIÓN







§         O obxectivo do proxecto á acadar a redución da velocidade de circulación na contorna do punto quilométrico 8 da estrada, reducindo a accidentalidade
§         A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, financia estas actuacións mediante a achega económica dun orzamento de máis de 502.000 euros
§         As actuacións previstas centraranse na execución dunha glorieta no principal acceso ao polígono industrial de Sequeiros, na construción de paradas de autobús cun apartadoiro e melloras na sinalización
§         Estas obras complementaranse coa rehabilitación do firme dos accesos ao polígono e ao núcleo de Sequeiros, nun treito antigo da estrada

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de mellora da seguridade viaria do acceso do polígono de Sequeiros no PK 8+250 da estrada PO-531, no Concello de Barro. No seguinte enlace pódese consultar a información relativa a esta resolución publicada hoxe no DOG: goo.gl/bLeQQH

Os titulares dos terreos, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello de Barro, deberán achegarse á Casa Consistorial o vindeiro 23 de decembro, entre as 9.30 e 11.30 horas, coa fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados.

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, financia estas actuacións mediante a achega económica dun orzamento de máis de 502.000 euros.

O obxectivo principal do proxecto á acadar a redución da velocidade de circulación na contorna do punto quilométrico 8 da estrada, e deste xeito reducir a accidentalidade que rexistra a vía neste tramo.

As actuacións previstas centraranse na execución dunha glorieta no principal acceso ao polígono industrial de Sequeiros (p.k.8+250). A construción da rotonda, ademais de mellorar a seguridade viaria no cruce ao evitar os numerosos cruzamentos que se producen desde o carril central actual, conseguirá minimizar o tráfico na contorna do p.k. 8. O exceso de velocidade identificouse como unha das principais causas da accidentalidade que se rexistra no tramo; por tanto, a execución da glorieta, que obrigará á redución da velocidade por parte dos condutores, colaborará a mellorar a seguridade viaria da PO-531 ao seu paso polo Concello de Barro.

O proxecto tamén contempla a execución de paradas de autobús cun apartadoiro, de xeito que os autobuses non paren no carril de circulación, así como melloras nas barreiras de contención e na sinalización. A actuación compleméntase coa rehabilitación do firme dos accesos ao polígono e ao núcleo de Sequeiros, nun treito antigo da estrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario