Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 13 de diciembre de 2016

O desfile #BarroFashion Solidario pechará o 5º Nadal Solidario en Barro que iníciase esta semana organizado pola A.C. Amigos da Fervenza da Barosa



  • Nesta 5ª edición "Nadal Solidario en Barro" preténdese recoller e superar os máis de 600 kg do ano pasado.
  • Establéceranse varios puntos de recollida en total, situados en tódalas parroquias do concello, en distintos lugares, como centros públicos, locais comerciais ou hosteleiros
  • Colaboraran na actividade como tódolos anos varias empresas locais e supermecados da localidade
  • Colaboran tamén na actividade @s locais, entidades públicas e privadas, locais comerciais, locais hosteleiros que figuran como puntos de recollida.
  • O vindeiro día mes de Xaneiro de 2017 pecharase esta acción solidaria cun desfile benéfico donde se pretenden recoller alimentos como cacao, azucre ou aceite.
A Asociación Cultural "Amigos da Fervenza da Barosa" de Barro, está organizando un novo "Nadal Solidario en Barro" na súa 5ª edición ,que é unha Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro.

Esta campaña desenrolase durante todo o Nadal ata despois da festividade de Reis, en Xaneiro de 2016, e pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello.

Dende a AC Fervenza da Barosa imos implicar a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos, coa pretensión de superar os máis de 600 kg recollidos o ano pasado.

Para unha maior eficiencia na recollida dúas persoas da directiva actuarán como Coordinadores da mesma, participando o resto da directiva da AC e os socios.

Tódolos alimentos recollidos serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde.

Dende a Asociación queremos facer un chamamento á colaboración, necesaria e urxente, e ao respecto desta actividade e non descartamos algunhas actuacións adicionais para a consecución dun éxito maior, que iremos comunicando a medida que avancen algunhas xestións que estamos realizando.

Xa como remate desta acción estase organízando para o vindeiro Xaneiro un desfile benéfico #BarroFashion solidario que pretende recoller en concreto alimentos como azucre, cacao ou aceite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario