Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 30 de enero de 2017

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBA AS BASES PARA A CONCESIÓN DE PRÉSTAMOS SEN XUROS AOS CONCELLOS DA PROVINCIA





Esta iniciativa permitirá que os concellos de menos de 50.000 habitantes poidan dispoñer dun millón de € de financiamento sen xuros

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases para a concesión, por concorrencia competitiva, de préstamos sen xuros a municipios da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes para o ano 2017. A contía destinada a este fin ascende a un millón de euros.

O principal obxecto da concesión de anticipos ós concellos é o de facilitar unha fonte de financiamento ó menor custe posible e sen xuros para que poidan afrontar a execución de investimentos e operacións de tesourería.  Para poder optar a estas axudas, os concellos deberán ter aprobado o orzamento para o exercicio de 2017 e non ter pendentes de pagamento cotas de amortización de préstamos contraídos coa Deputación.

O pasado ano concedéronse préstamos a un total de 9 concellos da provincia de Pontevedra, en concreto a Fornelos de Montes, Silleda, Catoira, Poio, Pazos de Borbén, A Cañiza, Salceda, Cuntis e Vilanova de Arousa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario