Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 24 de enero de 2017

A XUNTA E STOP ACCIDENTES COLABORARÁN NO FOMENTO DE HÁBITOS DE SEGURIDADE VIARIA ENTRE OS ESCOLARES DE CONTORNOS RURAIS




A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión coa presidenta desta entidade, Jean Picard



§       O Goberno galego promove o proxecto ‘O corazón está do teu lado’ para formar aos alumnos en condutas seguras e a organización de loita contra os accidentes de tráfico traballa a prol da mobilidade escolar segura na Coruña
§       A conselleira e a presidenta de Stop Accidents acordan poñer en común as experiencias para fomentar a seguridade viaria no entorno dos colexios do rural

A Xunta e Stop Accidentes colaborarán no fomento de hábitos de seguridade viaria entre os escolares de contornos rurais de Galicia. Así o acordaron hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e a presidenta desta entidade, Jen Picard, na xuntanza que mantiveron co obxectivo de establecer canles de cooperación e de sumar esforzos fronte á sinistralidade viaria.

No encontro, a conselleira de Infraestruturas informou de que o Plan Galego de Seguridade Viaria 2016-2020 que está a desenvolver a Xunta de Galicia inclúe o desenvolvemento da primeira campaña educativa nesta materia que desenvolve a administración autonómica galega nos centros de ensino.

Nese marco, o pasado curso púxose en marcha a iniciativa O corazón está do teu lado, que inclúe unha unidade didáctica e diversas actividades de apoio destinadas a formar aos nenos nas prácticas seguras, tales como o emprego de sendas peonís ou o emprego de material reflectante para circular nas beiras das estradas.

Pola súa banda, Stop Accidentes explicou que está a desenvolver en colaboración coa asociacións de nais e pais de alumnos de diferentes centros de ensino da Coruña o proxecto Ancas para fomentar unha mobilidade escolar segura.

A conselleira de Infraestruturas e a presidenta de Stop Accidentes acordaron aproveitar estas dúas experiencias paralelas e complementarias para establecer fórmulas de colaboración encamiñadas a fomentar a seguridade viaria nos centros de ensino do rural.

Esta colaboración entronca cunha das liñas do Plan Galego de Seguridade Viaria, que prevé a realización de análise da situación do entorno de tráfico de diferentes centros educativos galegos co obxectivo de establecer recomendacións para mellorar a seguridade viaria neses ámbitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario