Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

martes, 3 de enero de 2017

O vindeiro 28 de Xaneiro rematará o 5º Nadal Solidario en Barro co desfile #BarroFashion Solidario



    • Nesta 5ª edición "Nadal Solidario en Barro"  preténdese recoller e superar os máis de 600 kg do ano pasado.
    • Ata 9 puntos de recollida en total, situados en locais comerciais, supermecados, centro de ensinanza, ou o centro de saude.
    • O vindeiro día 28 mes de Xaneiro de 2017 ás 21 horas no Pazo da Crega, pechase esta acción solidaria cun desfile benéfico donde se pretenden recoller alimentos non perecedeiros.

Bo ritmo de recollida de alimentos no "Nadal Solidario en Barro" na súa 5ª edición ,a Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro.

Esta campaña que xa se está a desenrolar durante todo o Nadal ata despois da festividade de Reis, en Xaneiro de 2017, pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello.

Dende a AC Fervenza da Barosa logramos implicar a na recollida a administración públicas como son o IES de Barro, o CEIP Amor Ruibal, o Centro de Saúde ou a Escola Galiña Azul de Barro, e tamén privadas como os supermecados Fonte, Atlántico, Dia% de Barro ou a Cafetería A Lareira para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos.

O vindeiro 28 de Xaneiro ás 21 horas no Pazo da Crega, celebrarase o #BarroFashion Solidario, que por terceiro ano, achegará as propostas de moda e deseño a Barro e comarca cun desfile no que estarán xóvenes diseñadores galegos, tendas de Barro e da comarca.

Para acceder a poder ver dito desfile no interior será necesario facer unha achega (calquera cantidade) de alimentos non perecedeiros. Tódolos alimentos recollidos, xunto ós recollidos nos puntos da campaña de Nadal,  serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario