Voz de Barro

Síguenos en twitter

O tempo en Barro

Tiempo en Barro

lunes, 30 de enero de 2017

UN TOTAL DE 190 CENTROS PÚBLICOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DESENVOLVERÁN ESTE CURSO A INICIATIVA DE CONTRATOS-PROGRAMA IMPULSADA POLA CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN


O número de centros participantes increméntase nun 9%


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a resolución definitiva dos contratos-programa para o curso 2016/17, unha vez os centros analizaron nos primeiros meses de curso as necesidades do seu alumnado. Un total de 190 centros públicos da provincia de Pontevedra beneficiaranse desta iniciativa, que ten como obxectivos promover a excelencia educativa e loitar contra o abandono escolar, un 9% máis ca no curso anterior. En total poranse en marcha 434 iniciativas diferentes.

Os contratos-programas procuran unha mellora da calidade do ensino para reducir a porcentaxe de alumnado con baixo rendemento. Para iso, cada centro de ensino analiza as súas eivas e fortalezas e propón á Administración educativa a sinatura dun documento , ‘o contrato-programa’, no que se propoñen actuacións para a mellora do alumnado. Deste xeito, a actuación funciona como un exercicio de autonomía dos centros, posibilitando que deseñen os seus propios plans de mellora en base ás súas necesidades particulares.

Polo tanto, a iniciativa permite visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento, tanto do centro como da Administración educativa, para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor.


Os centros participantes na provincia son os seguintes:
CENTRO
CONCELLO
1
2A
2B
2C
3
4
5
6










 

IES de Barro
Barro
X








 
* 1. PROA (Acompañamento escolar fóra do horario lectivo)
2a. Mellora das competencias clave. Competencia matemática
2b. Mellora das competencias clave. Competencia en comunicación lingüística
2c. Mellora das competencias clave. Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
3. Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros
4. Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar
5. Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia
6. Mellora da calidade na xestión dos centros


Liñas de actuación
A liña de actuación máis solicitada continúa a ser a número 1, para o reforzo, orientación e apoio do alumnado que presente dificultades de aprendizaxe, así como daquel con desvantaxe educativa polo contorno sociocultural  (antigo programa PROA). Un total de 147 centros educativos desenvolverán esta primeira liña, para o que contarán cun total de 102 docentes de apoio contratados a maiores pola Consellería para tal fin. A liña número 2, a referida á mellora das competencias clave, é a segunda en número de participantes, con 138.

No caso da terceira liña, que se centra na mellora da convivencia e na promoción da igualdade, participarán nela un total de 73 centros; mentres que na cuarta, dirixida á prevención do abandono escolar temperán e do absentismo escolar, contará coa participación de 8 centros.

Nas liñas 5 e 6, dirixidas á mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia, e á mellora da calidade na xestión dos centros, participarán 55 (case o dobre respecto di curso anterior) e 13 centros educativos públicos, respectivamente.

Incremento de orzamento
No conxunto de Galicia serán 416 os centros que desenvolvan contratos-programas, do que se beneficiarán 104.424 alumnos, 9 veces máis ca hai 6 cursos.

Cómpre salientar, ademais, que a Consellería reforzou este ano a partida orzamentaria destinada aos contratos-programa, que acadan os 3.283.052,06 millóns de euros, un 7,01% máis ca no curso anterior. Isto permite a contratación en toda a Comunidade Autónoma de 174 docentes externos de apoio adicionais – para o desenvolvemento da actuación 1, a coñecida como ‘PROA’-, un 14% máis que o ano pasado, dotando deste persoal a todos os centros que o solicitaron.


No hay comentarios:

Publicar un comentario